A Copa Mundial de Rugby do 2015 foi a oitava edición da Copa do Mundo de Rugby, torneo internacional de rugby union que se disputa cada catro anos dende 1987. O campionato tivo lugar entre o 18 de setembro e o 31 de outubro de 2015. Na reunión extraordinaria da International Rugby Board (IRB) que tivo lugar o 28 de xullo do 2009 en Dublín anunciouse que esta edición tería lugar en Inglaterra, aínda que tamén se disputarían partidos no Millennium Stadium de Cardiff, capital de Gales.
A selección de Nova Zelandia revalidou o título mundial do 2011 logo de derrotar na final aos Wallabies por 34 a 17.
Elección da sede Aspirantes miniatura|400px|Arxentina, Australia, Inglaterra, Irlanda, Italia, Xapón, Rusia, Escocia, Suráfrica e Gales mostraron interese por acoller a Copa Mundial de Rugby do 2015. A International Rugby Board (IRB, polas súas siglas en inglés), o organismo reitor do rugby mundial solicitou a todos aqueles membros desta institución interesados en acoller o Mundial de 2015 ou o do ano 2019 que anunciasen a súa intención antes do 15 de agosto do 2008. Para esta data tan só se pedía ás federacións que declarasen o seu interese por optar á candidatura, sen necesidade de que elaborasen un programa de infraestruturas nin de ofrecer detalles de ningún outro tipo. Ata dez unións internacionais, o que supuxo un récord na historia deste torneo, interesáronse por acoller os eventos de 2015 o de 2019. Para o torneo de 2015 mostraron interese: Arxentina, Australia, Inglaterra, Irlanda, Italia, Xapón, Rusia, Escocia, Suráfrica e Gales.
Non obstante, o número de países aspirantes reduciuse posteriormente. Rusia retirou a súa candidatura en febreiro de 2009 co obxectivo de centrar os seus esforzos en obter a sede para a Copa Mundial de rugby seven, Australia e Irlanda retiraron as súas candidaturas na primeira de 2009 alegando razóns económicas. Pola súa parte, Escocia rexeitou optar por organizar o torneo en abril de 2009 despois de que a federación non fora capaz de chegar a acordos con outras unións internacionais para que foran subsedes do torneo. Gales foi a última que se retirou oficialmente posto que non presentou a súa candidatura oficial para a data final de recepción das mesmas fixada o 8 de maio do 2009. Non obstante, a federación galesa de rugby logrou chegar a un acordo coa Rugby Football Union inglesa pola que apoiaría a súa candidatura ao torneo e con iso disputaríanse partidos do evento no Millennium Stadium de Cardiff.
Arxentina Segundo o diario The Independent, a Unión Arxentina de Rugby (UAR) remitiu en febreiro do 2008 unha carta á IRB postulándose para acoller o torneo do 2015. O terceiro posto obtido na Mundial do 2007 en Francia, e a posibilidade de levar o torneo fóra dos países tradicionais foron as principais bazas da candidatura arxentina que finalmente non obtivo o nomeamento.
Italia A candidatura italiana presentouse co compromiso e obxectivo de "facer máis grandes as fronteiras do noso deporte". Este era un lema moi coidadosamente planeado, atendendo ao desexo da IRB de levar o mundial fora do circuíto habitual. A candidatura italiana ofreceu para o evento as principais cidades do país e os estadios de maior capacidade, prometendo o desenvolvemento dun sistema ferroviario que asegurara aos espectadores locais e foráneos unha forma fácil de asistir aos partidos entre as distintas cidades.
A Federazione Italiana Rugby (FIR) incluíu no seu programa da candidatura un recordo acerca da importancia histórica de Italia, a súa poboación e o crecemento que o rugby experimentou no país dende que aa súa selección entrou a disputar o Torneo das Seis Nacións no ano 2000 como argumentos a favor de obter a sede do mundial. O éxito de organización que supuxo Copa do Mundo de Rugby 2007 en Francia foi sinalado tamén pola candidatura italiana como un feito ao seu favor. No 2007, afeccionados das illas Británicas, surafricanos aveciñados en Europa, así como australianos e neozelandeses ou arxentinos establecidos en España acudiron en gran número a Francia. Dada a situación xeográfica de Italia, a candidatura garantía recibir para as datas do torneo un número masivo de turistas, esperándose por parte do comité organizador que se superaran os números que o Mundial deixou en Francia.
A candidatura elixiu o Stadio Olimpico de Roma como a sede da final e do partido inaugural do torneo. Como feito favorable sinalábase que a capacidade do mesmo é superior á do Stade de France que acolleu a final do 2007. As cidades de Milán e Nápoles formaban parte da candidatura entre outras importantes cidades e estadios ao longo de Italia. Para contar co apoio de Francia incluíuse como sede no programa da candidatura aol Stade Vélodrome de Marsella.
A antiga apertura da selección italiana Diego Domínguez erixiuse como cabeza visible da candidatura italiana para o mundial do 2015. A FIR, por medio do seu presidente Giancarlo Dondi, confirmou oficialmente ante a IRB a súa candidatura para os mundiais do 2015 e 2019 o 20 de xullo do 2008.
Xapón A candidatura xaponesa era a favorita para obter a organización do Mundial do 2015Japan joins England and South Africa in bidding for Rugby World Cup, guardian.co.uk, 8 de maio de 2009 tras ser finalista na candidatura polo torneo do 2011. Considerábase que a proposta nipoa podería supor un grande estímulo para o crecemento do rugby en Asia e era respaldada ademais pola experiencia na organización de eventos similares, como cando en 2002 coorganizou a Copa Mundial da FIFA. Así mesmo, a IRB valoraba moi positivamente o importante desenvolvemento do Xapón en calidade e número de xogadores de rugby, contando con 126.000 fichas. Ademais, a súa poboación de 127 millóns de persoas, a súa sólida economía, o seu importante potencial económico e turístico, a oportunidade de mostrar o rugby a unha nova audiencia asiática e a súa enorme capacidade para facelo, conformaban os puntos fortes dunha candidatura que se vía favorita.
A federación xaponesa rubricou oficialmente a súa candidatura en maio do 2009. No obtivoa organización do mundial do 2015, pero o mesmo día que se anunciou que a sede sería Inglaterra, Xapón obtivo a sede da edición do 2019.
Suráfrica A Unión Surafricana de Rugby (SARU), que previamente se propuxera para organizar a edición de 2011, tamén confirmou a súa candidatura para o torneo do 2015.http://ukpress.google.com/article/ALeqM5iA2uPUqRGOe7984JJDJOe_g4jjXA A candidatura de Suráfrica contaba con varios puntos ao seu favor; o estar no mesmo fuso horario que Europa, contando cun maior mercado televisivo, o éxito que supuxo a Copa do Mundo de Rugby 1995 que previamente organizaron e a posibilidade de usar os estadios que se construíron no país con motivo da Copa Mundial de Fútbol 2010. O 7 de maio do 2009 a SARU enviou a súa solicitude para acoller o torneo á International Rugby Board.
Inglaterra En setembro do 2007, The Guardian adiantou que a Rugby Football Union (RFU) había decidido postular a candidatura de Inglaterra. Tamén se advertiu que dita candidatura tería unha alta probabilidade de lograr o nomeamento debido ao interese da IRB por asegurar para a edición do 2011 un importante éxito económico, polo que Inglaterra contaría cunha importante vantaxe. En febreiro do 2009 a BBC confirmou a intención da RFU de elaborar unha candidatura única en Inglaterra, aínda que coa posibilidade de disputar partidos illados en Escocia, Gales ou Irlanda.
Clasificación
Inglaterra, por ser o país anfitrión clasifícase automaticamente. As seguintes doce seleccións clasificáronse directamente ao finalizar entre as tres primeiras de cada grupo durante a fase inicial da Copa Mundial de Rugby de 2011 de Nova Zelandia.
África América Europa Oceanía Asia
20px|border Gales
Nova Zelandia 20px|border Samoa 20px|border Tonga 20px|border Fiji
Un último equipo clasificaríase mediante un sistema de playoff.
Sedes Tras anunciar a IRB o 28 de xullo do 2009 que Inglaterra sería a sede do mundial do 2015, a Rugby Football Union revelou os estadios propostos para acoller os distintos partidos do torneo: once estadios en Inglaterra e un en Gales. Deles, unicamente dous (Sandy Park e Kingsholm Stadium) son estadios propiedade de clubs de rugby ingleses; dous son estadios nacionais de rugby (Twickenham e o Millennium Stadium); mentres que o resto son estadios de fútbol.
Atendendo á proposta inicial, todos os estadios acollerán partidos da fase de grupos. Twickenham albergará a final, as dúas semifinais e dous cuartos de final, mentres que no Millennium Stadium disputaránse os outros dous cuartos de final.
LugarEstadioCapacidade17px|Bandeira de Inglaterra LondresWembley Stadium90.00017px|Bandeira de Inglaterra LondresTwickenham Stadium82.00017px|Bandeira de Inglaterra LondresOlympic Stadium80.00017px|Bandeira de Gales CardiffMillennium Stadium74.50017px|Bandeira de Inglaterra Newcastle upon TyneSt James' Park52.38717px|Bandeira de Inglaterra ManchesterCity of Manchester Stadium48.000 17px|Bandeira de Inglaterra BirminghamVilla Park42.78817px|Bandeira de Inglaterra LeedsElland Road37.90017px|Bandeira de Inglaterra LeicesterKing Power Stadium33.00017px|Bandeira de Inglaterra Milton KeynesStadium MK32.00017px|Bandeira de Inglaterra BrightonFalmer Stadium30.75017px|Bandeira de Inglaterra GloucesterKingsholm18.00017px|Bandeira de Inglaterra ExeterSandy Park11.000270px
Fase de grupos O sorteo da fase de grupos levouse a cabo o 3 de decembro de 2012, dando como resultado os seguintes emparellamentos:Inglaterra, en el 'grupo de la muerte' de su Mundial, artigo do xornal deportivo Marca.
Grupo A Equipo Pts PXog PG PE PP BO BD 17 4 4 0 0 1 0 13 4 3 0 1 1 0 11 4 2 0 2 2 1 5 4 1 0 3 1 0 0 4 0 0 4 0 0
Grupo B Equipo Pts PXog PG PE PP BO BD 18 4 3 0 1 3 1 14 4 3 0 1 2 0 12 4 3 0 1 0 0 5 4 1 0 3 1 1 0 4 0 0 4 0 0
Grupo C Equipo Pts PXog PG PE PP BO BD 19 4 4 0 0 3 0 15 4 3 0 1 3 0 8 4 2 0 2 0 0 6 4 1 0 3 1 1 1 4 0 0 4 0 1
Grupo D Equipo Pts PXog PG PE PP BO BD 18 4 4 0 0 2 0 14 4 3 0 1 2 0 10 4 2 0 2 1 1 4 4 1 0 3 0 0 2 4 0 0 4 0 2
Na primeira fase ou fase de grupos as 20 seleccións clasificadas estarán divididas en catro grupos de cinco equipos cada un, co mesmo sistema das edicións de 2003, 2007 e 2011. Durante esta parte do torneo os equipos disputarán unha liguiña clasificatoria na que as seleccións xogarán todas contra todas dentro de cada grupo, unha vez. Deste xeito, por cada grupo haberá 10 encontros, é dicir, 40 encontros en total durante esta fase.
Á finalización desta fase, os dous primeiros equipos de cada grupo continuarán na competición e disputarán a fase final de eliminatorias polo título de campión do mundo. Os restantes tres equipos estarán eliminados. Por outra banda, os tres primeiros de cada grupo estarán clasificados automaticamente para a Copa do Mundo de Rugby 2019 que terá lugar no Xapón.
Grupo A
Posición Selección Partidos Ensaios a favor Tantos Bonus Puntos xogados gañados empatados perdidos a favor en contra diferenza1º 44001714135+1061172º 43011111162+491133º 42021613375+583114º 41031084101-17155º 4004230226-119600
Grupo B
Posición Selección Partidos Ensaios a favor Tantos Bonus Puntos xogados gañados empatados perdidos a favor en contra diferenza1º 43012317656+1204162º 43011413693+432143º 4301998100-20124º 4103769124-55265º 4004550156-10600
Grupo C
Posición Selección Partidos Ensaios a favor Tantos Bonus Puntos xogados gañados empatados perdidos a favor en contra diferenza1º 44002517449+1253192º 43012217970+1093153º 4202553123–70084º 4103870130–60265º 4004870174-10411
Grupo D
Posición Selección Partidos Ensaios a favor Tantos Bonus Puntos xogados gañados empatados perdidos a favor en contra diferenza1º 44001613435+992162º 43011212063+572143º 420277488-142104º 4103760129-69045º 4004758131-7322
Fase final