Giuseppe Siri, nado en Xénova o 20 de maio de 1906 e finado o 2 de maio de 1989, foi un cardeal e arcebispo católico italiano, arcebispo metropolitano de Xénova entre 1946 e 1987.
Traxectoria Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Xénova o 22 de setembro de 1928 polo arcebispo Carlo Dalmazio Minoretti.
O 11 de marzo de 1944 foi designado bispo auxiliar de Xénova e bispo titular de Livias. Recibiu a ordenación episcopal de mans do arcebispo e cardeal de Xénova, Pietro Boetto, o 7 de maio de 1944, sendo os co-consagradores Amedeo Casabona e Francesco Canessa. O 14 de maio de 1946 foi nomeado arcebispo metropolitano de Xénova, tomando posesión da sé o 29 do mesmo mes. O 12 de xaneiro de 1953 o papa Pío XII creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria della Vittoria. O 6 de xullo de 1987 retirouse como arcebispo de Xénova, e finou dous anos despois, o 2 de maio de 1989.
Obra
Cartas pastorais
Notas
Categoría:Arcebispos católicos de Italia Categoría:Cardeais de Italia Categoría:Cardeais creados por Pío XII Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Xénova Categoría:Finados en 1989 Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo