Eladio Pérez Romero, finado en Ourense o 13 de xaneiro de 1940La Región, 14-1-1940, p. 1. foi un político galego.

Traxectoria Concelleiro en Ourense, foi nomeado alcalde en abril de 1909Gaceta de Galicia, 14-4-1909, p. 1., permanecendo no cargo até xuño dese ano. Deputado provincial, foi vicepresidente da Deputación. Foi elixido presidente da Deputación de Ourense en agosto de 1921Diario de Pontevedra, 4-8-1921, p. 3.. Na Segunda República militou no Partido Radical, foi nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación en febreiro de 1934, permanecendo no cargo até decembro de 1935.

Vida persoal Casou con María Avila Domínguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Os Presidentes da Deputación

Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Finados en 1940 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos