"ABC" é unha canción de The Jackson 5 que foi lanzada en 1970. Foi escrita co mesmo estilo que "I Want You Back", e foi escoitada por vez primeira en American Bandstand en febreiro de 1970. "ABC" substituíu a canción dos The Beatles "Let It Be" no número un dos Billboard Hot 100 en 1970, e permaneceu como número un dos sinxelos do soul durante catro semanas.

"ABC" foi o primeiro sinxelo do segundo álbum de The Jackson 5, ABC e está considerada unha das cancións máis emblemáticas da banda.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Revisión de "I Want You Back"

Categoría:Sinxelos de 1970 Categoría:Cancións de The Jackson 5