Abrera é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado a 40 km do centro de Barcelona.
Xeografía Abrera atópase ao extremo norte da comarca, a banda e banda do río Llobregat. Os habitantes están distribuídos entre o núcleo urbano (inclúe os núcleos antigos do Rebato e Carrer Major-la Font), o núcleo antigo diferenciado de Santa Maria de Vilalba (cos barrios do Suro e Can Torres) e as antigas urbanizacións, agora transformadas en barrios: Can Vilalba, Ca n'Amat, Les Carpes i Sant Miquel.
Limita cos concellos de Esparreguera, Olesa de Montserrat e Viladecavalls polo norte, Ullastrell polo leste, Sant Esteve Sesrovires, Martorell e Castellbisbal polo sur, e Hostalets de Pierola polo oeste.
Demografía Conta cunha poboación de 12 697 habitantes (INE 2022).
Lugares de interese Zona para a observación de aves do río Llobregat Itinerarios de natureza polo Torrent Gran, Riera del Morral del Molí e outros Igrexa de Sant Pere, románica do século XI. Ermida de Sant Hilari, prerrománica do século VIII ou IX. Castelo de Voltrera (en ruínas).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona