A North American Hockey League (NAHL) foi unha liga menor profesional de hóckey sobre xeo que se disputou entre 1973 e 1977 en América do Norte. Moitos dos equipos da NAHL funcionaron como equipos de desenvolvemento para as franquías da World Hockey Association. A NAHL foi unha das dúas ligas, xunto coa Southern Hockey League, que formaban a Eastern Hockey League cando esta cesou as súas operacións en 1973. A Lockhart Cup (denominada así en honor ao membro do Hockey Hall of Fame Lockhart) era entregada ao campión da liga. Coa perda do número de franquías, a NAHL decidiu poñer punto e final á súa existencia en setembro de 1977.Reading Eagle, September 26, 1977

A liga inspirou o filme de 1977 Slap Shot.

Historia O 1 de maio de 1973, a Eastern Hockey League (EHL), que vivía unha segunda forma (unha forma de afeccionados entre 1933 e 1953, e unha forma profesional entre 1953 e 1973) suspendeu as súas actividades, dando como resultado a creación de dúas novas ligas: a Southern Hockey League e a North American Hockey League.

A liga comezou na tempada 1973-74, sendo o comisario da liga John Timmins, e o presidente Bill Rocheleau. A liga suspendeu as súas actividades ao finalizar a tempada 1976-77, desaparecendo definitivamente o 24 de setembro de 1977 despois dunha votación maioritaria dos gobernadores a favor da súa disolución. Para asegurar a existencia dos Syracuse Blazers e a viabilidade da liga, os outros equipos terían que pagar 50.000 dólares cada un, e os propietarios preferiron desmantelar a competición.Jules Champagne, "La Ligue Nord-Américaine disparait", L'Éclaireur-Progrès, 28 septembre 1977, p.82

Equipos Ao longo da historia da liga participaron 11 equipos na mesma:

Equipo Anos Tempadas Cidade Beauce Jaros 1975–1976 2 Saint-Georges, Quebec Broome Dusters 1973–1977 4 Binghamton, Nova York Buffalo Norsemen 1975–1976 1 North Tonawanda, Nova York Cape Cod Cubs / Cape Codders 1973–1976 3 South Yarmouth, Massachusetts Erie Blades 1975–1977 2 Erie, Pensilvania Johnstown Jets 1973–1977 4 Johnstown, Pensilvania Long Island Cougars 1973–1975 2 Commack, Nova York, Nova York Maine Nordiques 1973–1977 4 Lewiston, Maine Mohawk Valley Comets 1973–1977 4 Utica, Nova York, Nova York Philadelphia Firebirds 1974–1977 3 Filadelfia, Pensilvania Syracuse Blazers 1973–1977 4 Syracuse, Nova York

Campións da Lockhart Cup O campión das series finais da liga recibía a Lockhart Cup:

Tempada Nº de equipos Campión Finalista Resultado 1973-74 8 Syracuse Blazers Long Island Cougars 4-0 1974-75 7 Johnstown Jets Broome Dusters 4-0 1975-76 10 Philadelphia Firebirds Beauce Jaros 4-2 1976-77 8 Syracuse Blazers Maine Nordiques 4-0

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas North American Hockey League on FunWhileItLasted.net Encyclopedia of the North American Hockey League Blog

Categoría:Competicións extintas de hóckey sobre xeo