The Donnas é unha banda estadounidense de hard rock procedente de Palo Alto, California. Está formada por Brett Anderson (voces principais), Allison Robertson (guitarra, coros), Maya Ford (baixo, coros) e Amy Cesari (batería e percusión) , que substituíu a Torry Castellano que deixou o grupo en 2009 debido a unha tendinite. Inspíranse nos Ramones, The Runaways, AC/DC, Bachman–Turner Overdrive e Kiss. Despois de colleitar un feixe de seguidores na escena punk tras o lanzamento en 1993 do seu álbum de estrea, a banda tivo un grande éxito comercial a principios dos 2000 e posteriormente xa que a súa música mesturaba sons punk, metal e do rock clásico.
Discografía Álbum Ano Selo The Donnas 1997 Super*Teem! American Teenage Rock 'n' Roll Machine 1998 Lookout! Records Get Skintight 1999 Lookout! Records The Donnas Turn 21 2001 Lookout! Records Spend the Night 2002 Atlantic Records Gold Medal 2004 Atlantic Records Bitchin' 2007 Purple Feather, RedEye
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais do condado de Santa Clara Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais formados en 1993 Categoría:Bandas de mulleres