Emilio Novoa González, nado en Ourense o 10 de febreiro de 1895 e finado en Madrid o 3 de febreiro de 1972,La Voz de Galicia, 4-2-1972 , p. 1. foi un radiotelegrafista e político galego.
Traxectoria Foi alumno da primeira promoción da Escola Xeral de Telegrafía. En marzo de 1916 presentou a súa memoria: "El magnetismo terrestre y el campo electro-magnético del Sol". Tamén realizou estudos de Dereito en Madrid. Radiotelegrafista destinado á Central de Madrid, posteriormente prestou servizos en Cuenca e Toledo. En 1920 estaba na comisión para o estudo da rede telegráfica de Salamanca. En 1921 é Xefe de liña en Portbou. En 1923 realizou un estudo sobre a rede telefónica provisional de Madrid. En 1924 foi nomeado profesor da Escola de Telegrafía, sendo catedrático de Construción, mecánica aplicada e motores térmicos. miniatura|Aquí viviu Emilio Novoa (rúa do General Díaz Porlier 77, Madrid) Na República afiliouse ao Partido Republicano Radical e foi nomeado gobernador civil de Áraba o 22 de decembro de 1933, permanecendo no cargo até que o 27 de maio de 1934 foi nomeado gobernador da Coruña, permanecendo no posto até o 21 de decembro de 1935. En decembro de 1934 recibiu a placa da Orde da República. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 refuxiouse nunha legación diplomática para fuxir da zona controlada polo Goberno. En 1942 regresou ao servizo activo como Enxeñeiro-profesor na Escola Oficial de Telecomunicación. En 1946 foi catedrático de Construción de liñas na Escola de Axudantes. O 20 de decembro de 1949 foi nomeado director da Escola Oficial de Telecomunicación. Entre 1955 e 1958 traballou na Xefatura de Servizos Xerais de Telecomunicación, na súa delegación de télex. A partir de xuño de 1960 encárgase da cátedra de Construción de liñas na Escola de Axudantes e de Construción e conservación de redes na Escola Técnica Superior. Xubilouse en 1965.
Recoñecementos En 1954 o Ministerio de Educación outorgoulle a encomenda e placa da Orde de Afonso X o Sabio e foi nomeado Conselleiro honorario de Educación Nacional. O Concello de Madrid colocou en 1996 unha placa conmemorativa na fachada da casa na que viviu na Rúa General Díaz Porlier do Barrio de Salamanca.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Telegrafistas históricos
Categoría:Gobernadores civís de Áraba Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Orde de Afonso X o Sabio