Antón II Pedro KhuraixTamén Khoraiche, Koraiche, Khoraish, Khreich, Khraish, Koreiche, Khoraisz. (en ), nado en Ain Ibil (Líbano) o 20 de setembro de 1907 e finado en Beirut o 19 de agosto de 1994, foi o 75º Patriarca de Antioquía e de todo Levante da Igrexa Católica Maronita dende o 3 de febreiro de 1975 até o 3 de abril de 1986. Traxectoria Antun Khuraix naceu o 20 de setembro de 1907 en Ain Ibil, no distrito de Bint Xubail da gobernación de Nabatia. Estudou no seminario patriarcal de Tiro e na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma, e posteriormente doutorouse en Filosofía pola Universidade San Xosé de Beirut. O 12 de abril de 1930 foi ordenado sacerdote.
Entre 1940 e 1950 foi vigairo xeral da arquieparquía de Tiro. O 25 de abril de 1950 foi nomeado bispo auxiliar de Sidón e bispo titular de Tarso dos Maronitas. Recibiu a consagración episcopal o 15 de outubro de mans do patriarca de Antioquía Antón I Pedro Arida. O 25 de novembro de 1957 pasou a ser bispo de Sidón.
O 3 de febreiro de 1975 foi elixido Patriarca de Antioquía. O 17 de febreiro do mesmo ano Paulo VI concedeulle a comuñón eclesiástica, e polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo). O 2 de febreiro de 1983 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal. Como patriarca foi un infatigable impulsor de todas as iniciativas de paz na rexión para tratar de solucionar o conflito árabe-israelí.
Retirouse o 3 de abril de 1986, e finou en Beirut logo dunha longa doenza o 19 de agosto de 1994.
Notas
Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Nados na gobernación de Nabatia Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Cardeais do Líbano Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana Categoría:Alumnos da Universidade San Xosé de Beirut Categoría:Membros da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental