A dos estrepsicerotinos (Strepsicerotini), ou traguelafinos (Tragelaphini), é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos, que comprende especies que se encontran só no continente africano (a diferenza das dos boselafinos e dos bovininos, que son na súa maioría asiáticos).

Os membros deste grupo son antílopes de tamaño grande e constitución lixeira, co pescozo longo, e amosan un considerábel dimorfismo sexual (os machos exhiben grandes cornos enrolados en espiral e as femias carecen deles).

Sete das nove especies (reunidas en dous xéneros) que abrangue a tribo están lixeiramente ameazadas (as do xénero Tragelaphus), dependendo de medidas de conservación para a súa supervivencia, mentres que as outras dúas (as do xénero Taurotragus), o elán común e o grande elán ou antílope de Derby, son seguras.

Taxonomía Familia Bovidae Gray, 1821 Bovidae en MSW. Subfamilia Bovinae Gray, 1821 Bovinae en MSW. Tribo Strepsicerotini Simpson, 1945, ou Tragelaphini Ellerman et al., 1953.Véxase, máis abaixo, "Controversia taxonómica". Xénero Taurotragus Wagner, 1855 Taurotragus en MSW. Taurotragus derbianus Gray, 1847 - elán de Derby Taurotragus oryx Pallas, 1766 - elán común Xénero Tragelaphus de Blainville, 1816 Tragelaphus angasii Gray, 1849 - niala Tragelaphus buxtoni (Lydekker, 1910) - niala de montaña Tragelaphus eurycerus (Ogilby, 1837) - bongo Tragelaphus imberbis (Blyth, 1869) - cudú pequeno Tragelaphus scriptus (Pallas, 1766) - antílope xeroglífico Tragelaphus spekii Sclater, 1863 - sitatunga Tragelaphus strepsiceros (Pallas, 1766) - gran cudú

Controversia taxonómica Como queda dito na nota 1, Leakey, seguindo ao seu colaborador Simpson, considera o nome da tribo como Strepsicerotini, sendo o seu xénero tipo Strepsiceros Frisch, 1774. Porén, o Taxonomicon admite o nome de Tragelaphini, e o seu xénero tipo, Tragelaphus.Tribe Tragelaphini (Jerdon, 1874) Ellerman, Morrison-Scott & Hayman, 1953 no Taxonomicon.

Peter Grubb, en "Review of Family-Group Names of Living Bovids", Journal of Mammalogy Vol. 82, No. 2 (maio de 2001), pp. 374–388, revisa os autores e as datas de publicación dos grupos actualmente existentes dentro da familia dos bóvidos. Entre eles, Tragelaphini se debe atribuír a Blyth, 1863, non a Jerdon, 1874. E que Adenotinae (e Eleotraginae), Connochaetini, Nesotragini, Strepsicerotini, Sylvicaprinae e Tetracerini son sinónimos séniores (os primeiros, e que xeralmente deben ser conservados) de Reduncinae, Alcelaphini, Neotragini, Tragelaphini e Boselaphini, respectivamente. Neotragini e Reduncinae son nomena protecta (nomes que deben protexerse) e deben usarse preferentemente aos seus sinónimos séniores menos familiares. E que até que se confirme a súa validez, Boselaphini, Tragelaphini, Cephalophinae e Alcelaphinae tamén deben empregarse preferentemente aos seus sinónimos séniores. Polo tanto, este autor é partidario de usar Tragelaphini no canto de Strepsicerotini.

The Free Dictionary dá como sinónimo de Tragelaphus, a Strepsiceros (ver Tragelaphus no Free Dictionary). Porén, no moi autorizado libro de referencia Mammal Species of the World recóllese o xénero Tragelaphus, para o que non dá sinónimo ningún, strepsicerus recóllese como o nome específico dunha das especies do xénero (incidentalmente, cita a tribo dos Tragelaphini cando comenta que as liñaxes monofiléticas dentro da tribo non se propuxeron sobre a base da morfoloxía).Tragelaphus en MSW.

Pola súa parte, Malcolm McKenna e Susan K. Bell, na páxina 447 da súa obra Classification of Mammals. Above the Species Level, consideran que o xénero Tragelaphsu inclúe a Strepsiceros.Tragelaphus

De calquera xeito, se a tribo está formada polos xéneros Taurotragus e Tragelaphus, como aquí se indica, o procedemento normal para construír os nomes das tribos é facelo sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Tragelaphus (ou, na outra opción, Strepsiceros), engadíndolle a desinencia do latín científico -ini.

Filoxenia Bovinos Relacións filoxenéticas dos bovinos, segundo F. Bibi, 2013.Bibi, Faysal (2013): "A multi-calibrated mitochondrial phylogeny of extant Bovidae (Artiodactyla, Ruminantia) and the importance of the fossil record to systematics". BMC Evolutionary Biology 13: 166.

Traguelafinos

Relaciónes filoxenéticas dos traguelafinos tiradas de análises combinadas de todos os datos moleculares, segundo Willows-Munro et al., 2005.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kingdon, J. (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. 2nd Edition. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton Univeristy Press. ISBN 978-0-6911-6453-3. Leakey, L. S. B. (1967): Olduvai Gorge 1957-1961. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-10517-0, p. 38. McKenna, M. e Susan K. Bell (2000): Classification of Mammals. Above the Species Level. Nova York, NY, USA: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1013-6. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Bovinos Antílopes Taurotragus Tragelaphus

Categoría:Bóvidos Categoría:Antílopes