+ PropiedadesXeral Nome Cianuro de hidróxeno Fórmula química HCN Aparencia líquido incoloroFísicas Peso molecular 27,0 uma Punto de fusión 260 K (-13 ̊C) Punto de ebulición 299 K (26 ̊C) Densidade 0,7 ×10³ kg/m³ Solubilidade moi solubleTermoquímica ?fH0gas 135,14 kJ/mol ?fH0líquido 109 kJ/mol ?fH0sólido 100 kJ/mol S0gas, 1 bar 201,82 Jmol-1K-1 S0líquido, 1 bar 113,01 Jmol-1K-1 S0sólido ? Jmol-1K-1Riscos Inxestión Extremadamente tóxico. Síntomas temperáns: náusea, vómitos e dor abdominal. Inhalación Extremadamente perigoso. Pel Crese que é posible o envelenamento a través da pel. Ollos Meniñas dilatadas é un síntoma de envelenamento. Máis información Hazardous Chemical Database (En inglés)
O cianuro de hidróxeno é un composto químico cuxa fórmula é: HCN. A solución de cianuro de hidróxeno en auga é chamada ácido cianhídrico. O cianuro de hidróxeno puro é un líquido incoloro, moi velenoso e altamente volátil, que ferve aos 26 °C. Ten un lixeiro cheiro améndoas amargas, que algunhas persoas non poden detectar debido a un trazo xenético. O cianuro de hidróxeno é lixeiramente ácido. Os seus sales son coñecidos como cianuros.
O cianuro de hidróxeno prodúcese en grandes cantidades en todo o mundo pola industria química. É usado en tinxiduras, explosivos, produción de plásticos etc. Pode ser producido provocando a reacción entre un cianuro e un ácido forte, ou directamente de amoníaco e monóxido de carbono.
As froitas que teñen unha semente grande, como o aguacate ou o albaricoque, xeralmente teñen pequenas cantidades de cianuro de hidróxeno na súa semente. As améndoas amargas, das que se extrae o aceite de améndoa, tamén o conteñen. Algúns miriápodos úsano como medio de defensa. Tamén pode atoparse nos gases producidos por motores de vehículos, no fume do tabaco e no fume da combustión de plásticos que conteñen nitróxeno.
Unha concentración de 300 partes por millón no aire é suficiente para matar a un humano en cuestión de minutos. A súa toxicidade débese ao ión cianuro CN-, que inhibe a respiración celular. Por esta razón, o cianuro de hidróxeno era moi usado na Alemaña nazi como método de execución en masa.
Referencias exteriores Ficha internacional de seguridade química do cianuro de hidróxeno.
Categoría:Compostos químicos