Miguel Pajares, nado en La Iglesuela (provincia de Toledo) en 1939 e finado en Madrid o 12 de agosto de 2014, foi un relixioso e misioneiro español.
Traxectoria Foi o terceiro dunha familia de cinco irmáns. Con 16 anos, en 1955, ingresou na Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus. En 1963 realizou a profesión solemne na súa orde.
A súa primeira estancia en África foi na década de 1960, en Koforidua (Gana), onde pasou cinco anos. Tamén estivo destinado en Irlanda. Dende 2007, Pajares vivía en Liberia, no Hospital San Xosé da súa orde, onde era director espiritual e responsable da pastoral cos enfermos. Alí, durante a epidemia de ébola de 2014, contraíu dito virus ao tratar aos enfermos.
O 7 de agosto foi repatriado para ser tratado da doenza. Logo de días recibindo o ZMapp, Pajares finou o 12 de agosto de 2014, con 75 anos, converténdose no primeiro español falecido por ébola e na primeira vítima do ébola en Europa.
Notas
Categoría:Enfermeiros de España Categoría:Nados na provincia de Toledo Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Relixiosos católicos de España Categoría:Irmáns hospitalarios Categoría:Misioneiros