O cogomelo de cardoDefinición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega Pleurotus eryngii, é un cogomelo co sombreiro convexo cando é novo e plano convexo, co centro deprimido, na madurez, de cor apardazada, pé cilíndrico e abrancazado, xeralmente excéntrico, comestíbel e de sabor doce.

É unha das especies de cogomelo máis coñecida e moi apreciada polo seu sabor.

Descrición left|miniatura|Cultivo de cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii) en Pradejón (A Rioxa). É un cogomelo que presenta gran variedade de tons pardos, dende o crema até o marrón escuro.Ten chapeu máis ou menos convexo, inicialmente circular e na madurez máis irregular de até uns 8 cm. As súas lamelas son abrancazadas e decorrentes sobre o esteo que adoita ser groso e curto. Ás veces medra en grupos sobre a mesma cepa.

Hábitat Adoita desenvolverse sobre raíces mortas de distintas plantas, especialmente sobre as do cardo corredor, Eryngium campestre. Adoita frutificar polo outono, particularmente se o chan recibiu precipitacións importantes e se producen temperaturas macías. Ocasionalmente pode saír na primavera, sempre que teña sido chuviosa e morna. É atacada decote por larvas.

Uso É comestíbel e apreciada. A súa carne é elástica e dun recendo agradábel. Atópase nos supermercados polo outono en bandexas. Pódese usar en guisados de carne, peixe e revoltos. É moi saudábel.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrada en valdorba.org

Categoría:Pleurotus Categoría:Fungos comestibles