A transxelina (TAGLN) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene TAGLN do cromosoma 11.
A proteína transxelina é unha proteína xelificante/creadora de pontes cruzadas coa actina sensible aos cambios de forma celulares e ás transformacións (como as producidas nas células mesenquimais por virus ou por cambiar a condicións de cultivo non adherentes), que se encontra nos fibroblastos e no músculo liso. A súa expresión está regulada á baixa en moitas liñas celulares, e está regulación á baixa pode ser un marcador sensible e temperán para o comezo da transformación. Ao feito de que produza xeles e sexa sensible ás transformacións débese o seu nome (trans-xel-ina). O papel funcional desta proteína non está claro. Neste xene atopáronse dous transcritos variantes que codifican a mesma proteína. A transxelina ten un peso molecular de 22 kDa e ten unha similitude estrutural coa calponina.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Repeticións de calponina
Bibliografía
Categoría:Proteínas