O óso cuboide (os Cuboideum) é un óso do pé, curto, par, de forma cúbica irregular, con seis caras: superior e inferior, laterais e anterior e posterior, das cales tres son articulares.

Encóntrase na parte externa da segunda fila do tarso.

Articúlase co calcáneo, escafoide, 3º cuneiforme e cos metatarsianos 4º e 5º, sendo estas articulacións do tipo artrodias.

Caras Cara posterior Cara en forma de sela de montar para o calcáneo. Cara anterior Caras interna e externa para o cuarto e quinto metatarsianos. Cara inferior Suco oblicuo carfa a adiante e cara a dentro ocupado en ocasións polo tendón do peroneo lateral longo, o ligamento plantar longo se insire nos labios deste suco; cara a atrás presenta unha superficie aplanada que é a tuberosidade do cuboide, onde se sitúa o tendón do peroneo lateral longo. Cara interna Articúlase co cuneiforme e ás veces co escafoide.

Véxase tamén Lista de ósos no esqueleto humano

Categoría:Esqueleto