San Paio de Ferreira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 293 habitantes (143 mulleres e 150 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 396 habitantes.
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Patrimonio Sepulcro antropomórfico esculpido en rocha no pico de San Vicente. Fonte de San Paio. Igrexa de San Paio de Ferreira, de estilo barroco. Existen dúas antigas escolas: Seara Escola de Buenos Aires e Escola da Leiriña, inauguradas en 1915 pola Sociedad Pro-escuelas da Arxentina. Foron rehabilitadas polo concello.
Lugares e parroquias Lugares de Ferreira
Parroquias de San Sadurniño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de San Sadurniño
Categoría:Parroquias de San Sadurniño