miniatura A célula intersticial de Cajal (CIC, ou, en inglés, ICC) é un tipo de célula intersticial que se encontra na túnica muscular do tracto gastrointestinal, da cal hai varios tipos con diferentes funcións. Estas células reciben o seu nome polo médico e premio Nobel aragonés Santiago Ramón y Cajal, que as describiu.
As células intersticiais mientéricas de Cajal serven como marcadoras do ritmo co que se crea o potencial de onda lenta bioeléctrico que orixina a contracción do músculo liso, como se demostrou no intestino de rato.
As células intersticiais intramusculares de Cajal están implicadas na estimulación de células musculares lisas, e os neurotransmisores actúan a través delas. Estudos morfolóxicos demostraron que a neurotransmisión motora no tracto gastrointestinal ocorre por medio de sinapses especializadas entre as terminais nerviosas entéricas e as CICs intramusculares. Certas canles de cloruro activadas por calcio xogan un importante papel na regulación das CIC humanas gastrointestinais, especialmente a canle ANO1 de anoctamina. Un estudo recente sinalou que o carbacol incrementa a actividade das CIC a través desta canle. Os ratos knockout para ANO1 non poden producir as ondas lentas e os inhibidores da canle ANO1 en humanos bloquean a produción da onda lenta.
Sábese que moitos tipos de tecidos musculares lisos conteñen CICs, pero con poucas excepcións a función destas células non se coñece e actualmente é unha área en activa investigación.
Estas células derivan do mesoderma.
Papel na actividade das ondas lentas As CICs serven como marcapasos eléctricos e xeran ondas lentas eléctricas espontáneas no tracto gastrointestinal. As ondas lentas eléctricas propáganse desde as CICs ás células musculares lisas e a despolarización resultante inicia a entrada de ións calcio e a contracción. As ondas lentas organizan as contraccións intestinais en contraccións fásicas que son a base do peristaltismo e as contraccións de segmentación.
Frequencia das células marcapasos CIC A frecuencia da actividade marcapasos das CICs é diferente en distintas rexións do tracto gastrointestinal:Pocock, Richards, Richards, Human Physiology 4/ed, Oxford University Press, 2012. ISBN 978-0-19-957493-3. p.581 3 por minuto no estómago 11-12 por minuto no duodeno 9-10 por minuto no íleo 3-4 por minuto no colon.
As CICs tamén median a entrada de sinais neurais procedente das neuronas motoras entéricas. Os animais que carecen de CICs teñen respostas moi reducidas ao neurotransmisor acetilcolina, liberado polas neuronas motoras excitadoras, e ao transmisor óxido nítrico, liberado polas neuronas motoras inhibidoras. A perda de CICs en certas doenzas, pode interromper o control neural normal das contraccións gastrointestinais e levar a trastornos funcionais do tracto gastrointestinal, como a síndrome do intestino irritable.
As CICs tamén expresan mecanismos mecanosensibles que causan que estas células respondan ao estiramento. O estiramento dos músculos gastrointestinais pode afectar ao potencial de repouso das CICs e afectar á frecuencia da actividade marcapasos. O carbacol incrementa a actividade das CICs por medio da activación da canle ANO1.
As CICs son tamén fundamentais para a propagación das ondas lentas eléctricas. As CICs forman unha rede a través da cal pode propagarse a actividade de ondas lentas. Se esta rede rompe, entón dúas rexións do músculo funcionarían independentemente.
Patoloxía Pénsase que as CICs son as células a partir das cales se orixinan os tumores do estroma gastrointestinal. Ademais, as anormalidades na rede das CICs é unha causa da pseudoobstrución intestinal crónica. Full Text
Notas
Véxase tamén Outros artigos Corpo de Cajal
Categoría:Aparato dixestivo Categoría:Histoloxía