Nemanja Radoja (en serbio: Немања Радоја), nado en Novi Sad o 6 de febreiro de 1993, é un futbolista serbio que milita actualmente no Levante UD da Liga Santander. Xoga en varias posicións, sobre todo como defensa ou centrocampista defensivo.

Traxectoria Radoja medrou en Veternik, nos arrabaldas do oeste de Novi Sad, onde adestraban os xuvenís do FK Vojvodina. Estes adestramentos levávanse a cabo no estadio do FC Vujadin Boškov. Seguindo os pasos de seu irmán máis vello Stefan Radoja, comezou a se formar no fútbol. No seu último ano, gañou as súas primeiras experiencias en clubs de terceiro nivel coma o CSK Pivara Celarevo e Cement.

Na tempada 2012-13, Radoja coverteuse nun habitual do primeiro equipo do FK Vojvodina. O 17 de abril de 2013, no partido de volta das semifinais da Copa de Serbia contra o OFK Beograd, Radoja anotou o seu primeiro gol co Vojvodina.

O 12 de agosto 2014 Radoja firmou un contrato de cinco anos co equipo galego Celta de Vigo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Selección de fútbol de Serbia

Ligazóns externas Ficha oficial de Nemanja Radoja na UEFA. "Radoja faise co mando celeste", artigo en La Voz de Galicia, 1 de setembro de 2014.

Categoría:Nados en Novi Sad Categoría:Nados en 1993 Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FK Vojvodina Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Levante UD