Félix Calviño Gómez, nado en Alemparte (Lalín) en 1944, é un escritor galego en lingua inglesa.
Traxectoria Marchou a Inglaterra para evitar facer o servizo militar. Desde alí foi a Australia en 1969. Instalouse en Sydney e traballou en turismo e restauración. En 1996 mudouse a Melbourne e despois pasou a Brisbane. Graduouse cun Máster en escritura creativa na Universidade de Queensland en 2012. Ten varias obras publicadas, entre elas o libro de relatos A Hatful of Cherries (2007) e a novela Alfonso (2013). Un dos seus relatos, titulado "Unfinished Thoughts", foi levado ao cinema en forma de curtametraxe e foi premiado na categoría de mellor actriz nos South Australian Screen Awards do 2011, nos cales obtivo oito nomeamentos. Ademais, foi tamén escollida para participar como mellor curtametraxe no festival de Melbourne The City of Melbourne Emerging Filmmaker Award no 2012.
Obras A Hatful of Cherries (Arcadia, 2007). Alfonso (Arcadia, 2013). So Much Smoke (Arcadia, 2016). Young Love & Other Stories (Arcadia, 2021).
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Blog do autor . "Félix Calviño publica en inglés un libro de relatos galaicos en Australia" Galicia Hoxe, 18/5/2008 . "Félix Calviño, escritor gallego en lengua inglesa" El Correo Gallego, 24/5/2014 . Entrevista na Radio Galega.
Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1944 Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Galegos de Australia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes