300px|miniatura|Barrio vermello en Ámsterdam. O turismo sexual é a actividade de viaxar, polo xeral a outros países, co propósito de manter relacións sexuais, usualmente con prostitutas. A Organización Mundial do Turismo (United Nations World Tourism Organization ou UNWTO), dependende da ONU, define o turismo sexual coma "toda viaxe organizada dentro do sector turístico, ou fóra deste sector pero empregando as estruturas e redes deste, co obxectivo primario de efectuar unha relación sexual comercial entre o turista e a poboación residente no país de destino".

Os alicientes para os turistas sexuais poden incluír dende baixos custos dos servizos sexuais no país de destino, así coma facilidades para acceder a ela por ser unha actividade legal, ou mesmo outras particularidades legais ou o acceso á prostitución infantil.

Leis sobre prostitución no mundo O turismo sexual ten calidade de legal ou ilegal en función das leis que existan sobre prostitución no propio país. Xa que logo, o turismo sexual ten categoría de actividade legal en todos aqueles estados onde a prostitución estea regulada e aceptada legalmente.

A prostitución tamén é legal en Nova Zelandia, malia o mapa non o amosar.

O turismo sexual nos documentais A turismo sexual está largamente documentado en diversos documentais e series de televisión: Falang: Behind Bangkok's Smile, de Jordon Clark (2005), rodado en Tailandia. O episodio "Selling Sex in Heaven" (2005) da serie da canle canadense CBC the Lens, rodado en Filipinas O episodio "The Child Sex Trade" (2003) Cutting Edge da canle Channel 4, rodado en Romanía e Italia. My Boyfriend, the Sex Tourist (2007), da canle Channel 4, fala do turismo sexual arredor do mundo.

Véxase tamén Outros artigos Jineterismo cubano. Prostitución Barrio vermello

Categoría:Turismo Categoría:Prostitución