Hmayeak Pedro XVIII KetikeanO seu apelido aparece tamén como Ghedighian e Guedikian. O seu nome armenio é común tamén noutras grafías (Hemaiagh, Hemaiag, Hmayak) e o Pedro as veces ponse en armenio ou francés. (en , Hmayeak Petros ŽĒ. Ketikean), nado o 2 de outubro de 1905 en Trebisonda (Imperio Otomán) e finado o 28 de novembro de 1998 en Bzumar (Líbano), foi o 17º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 3 de xullo de 1976 até o 30 de maio de 1982. Traxectoria Naceu en Trebisonda, no Imperio Otomán, o 2 de outubro de 1905. O 19 de outubro de 1930 foi ordenado sacerdote da Congregación Mequitarista de Venecia.
O 3 de marzo de 1971 foi nomeado arcebispo titular de Chersonesus in Zechia, e recibiu a ordenación episcopal o 30 de maio de mans do patriarca Ignacio Pedro XVI, tendo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Alepo Georges Layek e ao exarca apostólico de Francia Karapet Amatowni.
O 3 de xullo de 1976 foi elixido Patriarca de Cilicia. Permaneceu no cargo até o seu retiro o 30 de maio de 1982. Finou o 28 de novembro de 1998 no Líbano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Trebisonda Categoría:Finados en 1998 Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Mequitaristas Categoría:Relixiosos católicos de Turquía