A escala de Beaufort clasifica a intensidade dos ventos, tendo en conta a súa velocidade e os efectos resultantes das ventadas no mar e en terra. Foi deseñada polo meteorólogo anglo-irlandés Francis Beaufort no inicio do século XIX. Na década de 1830, a escala de Beaufort xa era amplamente utilizada pola Mariña Real Británica.

Características da escala de Beaufort +Escala Beaufort Grao Designaciónm/s km/h nós Aspecto do mar Efectos en terra 0 Calma <0,3 <1 <1 Espellado O fume sobe na vertical1Airexiña 0,3 a 1,5 1 a 5 1 a 3 Pequenas engurras na superficie do mar O fume indica a dirección do vento2Brisa mainiña 1,6 a 3,3 6 a 11 4 a 6 Lixeira ondulación sen rebentar As follas das árbores moven; os muíños comezan a traballar 3Brisa maina 3,4 a 5,4 12 a 19 7 a 10 Ondulación até 60 cm, con algúns carneirosAs ondas con escuma branca semellan un rabaño de carneiros, tamén se di que o mar está de "carneirada". As follas axítanse e as bandeiras despregan ao vento4Brisa moderada 5,5 a 7,9 20 a 28 11 a 16 Ondulación até 1 m, carneiros frecuentes Poeira e pequenos papeis levantados; móvense os gallos das árbores 5Brisa fresca 8 a 10,7 29 a 38 17 a 21 Ondulación até 2.5 m, con cristas e moitos carneiros Movemento de grandes gallos e árbores pequenas 6Vento fresco 10,8 a 13,8 39 a 49 22 a 27 Ondas grandes até 3.5 m; salseirosOs salseiros, alén do caso de se produciren por bater o mar nas rochas ou contra o casco dun barco, poden producirse a partir da tona do mar con ventos fortes, formando unha néboa espesa.Móvense as pólas das árbores; dificultade en manter un paraugas aberto; asubío en fíos de postes7Vento forte 13,9 a 17,1 50 a 61 28 a 33 Mar revolto até 4.5 m con espuma e salseirosMóvense as árbores grandes; dificultade en andar contra o vento8Temporal 17,2 a 20,7 62 a 74 34 a 40 Mar revolto até 5 m con rebentamento e faixas de espuma, xerfasO vento moi forte pode producir na tona do mar xerfas, similares ás que se forman por as ondas bateren nas rochas.Québranse gallos de árbores; dificultade en andar contra o vento; barcos permanecen nos portos9Temporal forte 20,8 a 24,4 75 a 88 41 a 47 Mar revolto até 7 m; visibilidade precariaDanos en árbores e pequenas construcións; imposíbel andar contra o vento10Temporal duro 24,5 a 28,4 89 a 102 48 a 55 Mar revolto até 9 m; superficie do mar brancaÁrbores arrancadas; danos estruturais en construcións11Temporal moi duro 28,5 a 32,6 103 a 117 56 a 63 Mar revolto até 11 m; pequenos navíos soben nas vagasEstragos xeneralizados en construcións12Furacán >32,7 >118 >64 Mar todo de espuma, con até 14 m; visibilidade nulaEstragos graves e xeneralizados en construcións A escala de Beaufort, así como a escala Richter para as actividades sísmicas, estabeleceu características dos ventos de acordo coa velocidade e o poder de destrución.

A nomenclatura galega da escala de Beaufort miniatura|Escala de Beaufort forza 4. miniatura|Escala de Beaufort forza 12. A escala de Beaufort foi deseñada para asignar un grao (número) a cada rango de velocidades de vento, co fin de ter unha referencia para a comunicación e as alarmas. O nome e a descrición de cada un deses graos varían nas diferentes linguas e, inclusive, entre variantes xeográficas dunha mesma lingua.

A escala de Beaufort non se empregou en galego ata épocas moi recentes (moi probablemente non antes de 1981). Eses primeiros intentos de asentar unha nomenclatura propia tiveron unha difusión moi pequena, abafados pola extensión das denominacións castelás, empregadas pola Mariña militar e mercante, e polos servizos meteorolóxicos. Por iso, segundo as fontes que consultemos podemos atopar denominacións diferentes para os mesmos graos de vento, como se pode ver na táboa seguinte:

Grao Río Barja (1981)MeteogaliciaFagúndez Díaz (2008)0 CalmaCalmaCalma1 VirazónVentolinaVentolina. Brisa frouxa2 FrouxiñoFrouxiñoFrouxiño3 FrouxoFrouxoFrouxo4 CalmoBonancible. ModeradoModerado5 FresquiñoFresquiñoFresquiño6 FrescoFrescoFresco7 FrescachónFrescachónFrescachón8 DuroTemporalTemporal9 Moi duroTemporal forteForte temporal. Forte borrasca10 TemporalTemporal duroTemporal duro11 BorrascaTemporal moi duroTemporal moi duro12 FuracánTemporal furacanadoTemporal furacanado.

Nos últimos anos, Termigal fixou para o galego a nomenclatura que figura na táboa que abre este artigo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Escala de furacáns Saffir-Simpson Escala Fujita de intensidade dos tornados. Escala Douglas de estados do mar.

Categoría:Meteoroloxía Categoría:Escalas