Nerlens Noel, nado o 10 de abril de 1994 en Malden, Massachusetts, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria profesional Noel foi elixido na 6ª posición do Draft de 2013 polos New Orleans Pelicans. O 12 de xullo de 2013, os seus dereitos foron traspasados xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2014 ós Philadelphia 76ers, a cambio de Jrue Holiday e os dereitos do Draft de Pierre Jackson. O 24 de setembro de 2013, asinou cos 76ers. Noel perdeuse toda a tempada 2013-14 debido a unha operación nun xeonllo.
O 29 de outubro de 2014, Noel fixo o seu debut na NBA na derrota dos 76ers contra os Indiana Pacers por 91-103. En 35 minutos de xogo, fixo 6 puntos, 10 rebotes e 3 tapóns.
O 11 de xullo de 2022, Noel foi traspasado xunto a Alec Burks ós Detroit Pistons a cambio dos dereitos do Draft de Nikola Radičević e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no condado de Middlesex, Massachusetts Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets