O Vencello Mahián foi un periódico de Bastavales (Brión) que se publicou entre 1932 e 1933 como órgano da Unión Agrícola do Val da Mahía.

Características Subtitulado Defensor de todas las colectividades agrarias de La Mahía, apareceu en maio de 1932. Dirixido por Ramón Obella Vidal, presidente do Centro Agro-pecuario de Bastábales.La Noche, 12-4-1966, p. 8. Publicación centrada nas cuestións referidas á parroquia de Bastavales e ao Sindicato Agrícola desta parroquia. Empregaba o castelán e contaba con artigos de actualidade e tamén históricos, en galego só apareceu o poema "Campanas de Bastavales" de Rosalía de Castro. Imprentábase en Vigo, na Litografía e Imprenta J. Rial. O último número coñecido é o 5, publicado o 5 de xaneiro de 1933.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da provincia da Coruña Categoría:Prensa agraria Categoría:Brión

Categoría:1932 en Galicia