O Parque Nacional de Serengueti (ou Serengeti) é un parque nacional de grandes dimensións (cerca de 40.000 km²) na ecorrexión de Serengueti, no norte da Tanzania, limítrofe con Kenya, na África oriental.

É famoso polas migracións anuais de ñus, cebras e gacelas e outros antílopes que ocorren de maio a xuño. É Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1981.Serengeti National Park na web da UNESCO.

Os cinco grandes animais do parque, así chamados polos cazadores desde hai anos, son o león, o leopardo, o elefante, o rinoceronte e o búfalo cafre. Pero no parque tamén se enciontran xirafas, numerosos antílopes, hienas, guepardos e primates, ademais de máis de 500 especies de aves.

Cerca do parque encóntrase a Garganta de Olduvai, onde se encontraron moitos fósiles e artefactos de homínidos.

Principais especies Os "cinco grandes" León: crese que o Serengueti ten a máis grande poboación de leóns de África, en parte debido á gran cantidade de animais que lles serven de presa. Actualmente hai máis de 3.000 leóns vivindo no ecosistema do parque. Leopardo africano: estes predadores son frecuentemente avistados na rexión de Seronera, pero existen en todo o Parque Nacional, e a súa poboación actual é aproximadamente de 1.000 individuos. Elefante africano: as mandas deste animal recupéranse da gran mortalidade dos anos 1980, causada pola caza furtiva, concentrándose no norte do parque. Rinoceronte negro: encóntranse próximos aos inselbergs (montes testemuña) no centro do parque. Quedan poucos individuos, debido á caza furtiva. Ás veces, animais da Reserva Masai Mara atravesan os límites do parque e ingresan no territorio do Serengueti, desde o norte (Kenya). Búfalo africano: aínda abundante, pero o seu número diminuíu debido a enfermidades.

Ouros mamíferos

ñu azul hipopótamo facócero cebra de Grant guepardo raposo orelludo antílope acuático gacela de Thompson gacela de Grant lebre gato montés babuino xirafa hiena pinta chacal impala alcélafos damaliscos (topi e outros) licaón

Principais aves

voitres (varias especies) flamengos (varias especies) grou coroado pomba pinta avetarda ganso de Exipto avestruz píllaras (varias especies) estorniño soberbio ibis negro cegoña branca galiña de Guinea avetarda kori bufo real pelicano común martiño peixeiro pínto cegoña de Abdim garza gris bubela

Poboacións de animais

As poboacións inclúen grandes cantidades de animais: 1.500.000 ñus, 1.000.000 gacelas (entre a gacela de Grant e a gacela de Thomson), 200.000 cebras, 75.000 impalas, 74.000 búfalos, 65.000 topis, 18.000 eláns, 9.250 alcélafos, 9.000 xirafas, 5.000 elefantes, 4.000 hienas, 3.000 leóns e 500 guepardos.

Notas

Véxaste tamén

Bibliografía Rodríguez de la Fuente, F. (1970): "3. Los ejércitos viajeros del Serengeti" e "4. Entre búfalos, damaiscos y elcelafos" en Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 55–123.

Outros artigos Masai Mara Patrimonio da Humanidade en Tanzania

Ligazóns externas Parque Nacional del Serengeti en por Safari Park Serengeti National Park en Swahili Language & Curlture Web oficial do parque Heartbreak on the Serengeti en National Geographic

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Tanzania Categoría:Parques nacionais de Tanzania Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1951