miniatura|dereita|Manor Place Baths. Walworth é un barrio do centro da cidade de Londres, no distrito de Southwark. Probablemente o seu nome deriva do inglés antigo "Wealhworth", que significaba granxa galesa. Atópase a 3,1 km ó sueste de Charing Cross e preto de Camberwell e Elephant and Castle.

As rúas principais en Walworth son Old Kent Road e Walworth Road.

Historia Walworth aparece no Libro Domesday de 1086 como "Waleorde". Levado a cabo por Bainiard, o Arcebispo Lanfranc de Canterbury. Os seus activos segundo o Domesday foron: 3 ½ minifundios (hides), unha igrexa, catro arados , 8 acres (32.000 m 2 ) da pradeira.

A “John Smith House” está en Walworth Road, e foi chamada así na lembranza de John Smith, quen foi líder do Partido Laborista dende 1992 ata a súa repentina morte en 1994. Foi a antiga sede do Partido Laborista, vista a miúdo nos informes de prensa en tempos de eleccións.

Famosos ex-residentes Charlie Chaplin Michael Caine Robert Browning John Ruskin Charles Upfold Charles Babbage Walworth Jumpers John Wemmick

Notas

Categoría:Londres