O pobo vasco (en ) é un grupo étnicoTotoricagüena, G. Identity, Culture, and Politics in the Basque Diaspora (2003) p.59 University of Nevada Press que habita na área tradicionalmente coñecida como País Vasco (en ), localizada na zona oeste dos Pireneos e na costa do Golfo de Biscaia, na parte norte de España e o suroeste de Francia. Caracterízanse por teren unha lingua, unha cultura e uns devanceiros comúns, os vascóns e os aquitanos.
Historia miniatura|esquerda|220px|Tribos vascas segundo os xeógrafos romanos sinaladas en vermello, sinaladas en azul as tribos celtas. Os historiadores romanos afirman que o territorio vasco era habitado dende tempos prerromanos por diversas tribos cuxa lingua non entendían. A distribución rexional destas tribos difire entre os historiadores. Porén, acéptase a teoría de que os vascos son un remanente dos primeiros habitantes do paleolítico da Europa occidental, especificamente dos habitantes da rexión francocantábrica. Estrabón e Plinio o Vello nomean nos seus escritos as tribos vascas, incluíndo ós vascóns e ós aquitanos entre outras. Existen evidencias para afirmar que estas tribos xa falaban protovasco.
Durante a alta Idade Media, os territorios entre o río Ebro e o río Garona eran coñecidos como Basconia e foi unificado baixo o mando dos duques de Vasconia por un tempo. Despois das invasións dos musulmáns na Península Ibérica e a expansión francesa de Carlomagno, o territorio fragmentouse. O reino de Pamplona emerxeu como o principal estado do territorio no século IX. Sería baixo o mando de Sancho III o Maior que o reino de Pamplona conseguiría a súa máxima extensión territorial, pero despois da súa morte no ano 1035, os seus fillos non respectaron o seu testamento que outorgaba o reino ó primoxénito, e despois de moitas loitas, dividiron o territorio, o cal deu lugar a unha nova estrutura política no século XII formada polos reinos de Navarra, Aragón e Castela. Durante a Idade Media, Biscaia únese voluntariamente ó Reino de Castela.
No ano 1200, o reino de Navarra perdeu os actuais territorios de Áraba, Guipúscoa e o Duranguesado, que son anexionados polo monarca castelán. Deste xeito, Navarra, separada dos outros territorios peninsulares do País Vasco, orientou a súa política de expansión cara ó norte e leste, nos territorios fronteirizos con Francia e Aragón. Navarra, foi anexionada parcialmente no reino de Castela durante os séculos XI e XII, e practicamente na súa totalidade durante 1512 e 1521. O resto do territorio do norte foi anexionado por Francia. As tres provincias da actual Euskadi, que se uniran voluntariamente ó reino de Castela, deron o seu apoio á integración de Navarra con Castela.
Navarra, Áraba, Guipúscoa e Biscaia conservaron os seus foros. Esta situación perdurou até o século XIX, data na que foron parcialmente suprimidos per Antonio Cánovas del Castillo despois da derrota carlista. Durante o franquismo, só Áraba e Navarra conservaron parte dos seus antigos foros, pero van foron derrogados nas outras dúas provincias por decreto do 23 de xuño de 1937 por ser consideradas «Provincias traidoras», suprimindo o primeiro Estatuto de Autonomía Vasco. Este decreto foi parcialmente modificado o 6 de xuño de 1968, suprimindo os parágrafos ofensivos para Guipúscoa e Biscaia, pero conservando o resto dos artigos. Foi finalmente derrogado o 30 de outubro de 1976.
Hoxe en día o País Vasco está conformado pola comunidade homónima, pola comunidade foral de Navarra e polas provincias do sur de Francia.
Clasificación 250px|miniatura|esquerda|Sentimento vasco no País Vasco. Teñen trazos diferenciadores nas súas tipoloxías sanguíneas, na súa cultura e na súa lingua, de raíces non indoeuropeas, en claro contraste coas linguas románicas dos pobos veciños.
Existe un forte sentimento nacionalista entre os vascos, especialmente nos residentes en España, que se identifican máis firmemente como vascos que como españois ou franceses. Porén, unha parte destacable dos vascos séntense tanto vascos como españois (ou franceses, nos casos dos vascos do cantón francés).Euskobarómetro series, Evolución de la identidad nacional subjetiva de los vascos, 1981-2006 . "As Basque as Spanish" shows 33% of the citizens of the Basque Autonomous Community in late 2006. Moitos vascos consideran a designación de "minoría étnica" como incompleta, favorecendo en troques a definición como nación.
No presente, viven nunha zona altamente industrializada e as diferenzas culturais co resto de Europa están inevitablemente esvaecidas, aínda que conservan unha consciencia moi forte de identidade cultural propia, así como a identificación coa súa patria, mesmo en moitos vascos que emigraron a outras zonas de España ou Francia, ou noutras partes do mundo (a chamada diáspora vasca).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía The Basques, the Catalans and Spain, Daniele Conversi, 2000, ISBN 1-85065-268-6. The Basque History of the World, Mark Kurlansky, 1999, ISBN 0-8027-1349-1. The Oldest Europeans, J.F. del Giorgio, A.J.Place, 2006, ISBN 980-6898-00-1. Ethnologue report for France for population statistics in France. Euskal Herria en la Prehistoria, Xabier Peñalver Iribarren, 1996, ISBN 84-89077-58-4. Gimbutas, Marija, The Living Goddesses (Berkeley: University of California Press, 2001).
Outros artigos Mitoloxía vasca Nacionalismo vasco
Categoría:Grupos étnicos da Arxentina Categoría:Grupos étnicos de Chile Categoría:Grupos étnicos de Cuba Categoría:Grupos étnicos de España Categoría:Grupos étnicos de Francia Categoría:Grupos étnicos de México Categoría:Grupos étnicos do Uruguai Categoría:Pobos indíxenas de Europa