A entactina, tamén chamada nidóxeno-1 (NID-1), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene NID1 do cromosoma 1. A entactina é un compoñente da membrana basal xunto con outros compoñentes como o coláxeno tipo IV, proteoglicanos (heparán sulfato e glicosaminoglicanos), laminina e fibronectina.
Función
A entactina é un membro da familia do nidóxeno de glicoproteínas da membrana basal. A proteína interacciona con outros compoñentes da membrana basal. Esruturalmente esta proteína (xunto co perlecán) conecta entre si as redes formadas polos coláxenos e as lamininas. Tamén pode exercer un papel nas interaccións da célula coa matriz extracelular.
Interaccións
A entactina interacciona con FBLN1.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Proteínas