Manuel González Iglesias, coñecido como O xastre de Lalín, nado en Lalín e finado en Buenos Aires o 11 de xullo de 1926, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Emigra moi novo a Buenos Aires. Foi un dos fundadores da Sociedade Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires. Foi autor de dúas pezas teatrais nas que ridiculizaba ao caciquismo. En 1918 dirixiu La Voz del Centro editado polo Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda en Buenos Aires. Fundador e dirixente da sociedade Unión del Partido de Lalín, da que foi elixido presidente en 1923, foi tamén directivo da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales (1921) e colaborou no seu periódico El Despertar Gallego. Tamén colaborou en Teo. Finou en Buenos Aires o 11 de xullo de 1926.El Despertar Gallego, 18-7-1926, p. 2.
Obras As obras magnas de Leonardo, estreada en 1915. En Festa, estreada en 1917.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Xornalistas de Lalín Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Lalín Categoría:Finados en 1926 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos