"Just a Little Bit of You" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson, do seu álbum titulado Forever, Michael. O álbum foi o cuarto estreado na súa carreira en solitario, cando tiña 16 anos. Producido por Brian Holland, "Just a Little Bit of You" converteuse no maior éxito de Jackson do álbum, acadando o posto #23 na lista de Pop Singles e o #4 na lista Soul Singles.

Categoría:Sinxelos de 1975 Categoría:Cancións de Michael Jackson