Number Ones é un álbum de grandes éxitos do artista estadounidense Michael Jackson. Foi lanzado o 17 de novembro de 2003 internacionalmente, e o 18 de novembro de 2003 nos Estados Unidos polo selo discográfico Epic Records e por Sony Music. Number Ones foi a primeira recompilación de Jackson con Sony, despois do lanzamento de HIStory: Past, Present and Future, Book I en 1995. No álbum recóllense tódolos sinxelos que conseguiron acadar o número 1 nas listas musicais de todo o mundo.
No álbum tamén se inclúe un sinxelo inédito, "One More Chance", lanzado o 20 de novembro de 2003.
Categoría:Álbums de Michael Jackson Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums de Epic Records