O río Barragán ou río FreazaRío Freaza en Ana M. Campos Gómez e Francisco Novoa Doce (2006): Los Carabidae (orden Coleoptera) de Galicia (N.O. de España): catálogo, distribución y ecología. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-629-8. é un río afluente do Oitavén que forma o límite entre os concellos de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.
Senda da Fraga do Barragán O río Barragán e a súa fraga acollen un itinerario para sendeirismo pendente de homologación pola Federación Galega de Montañismo co número PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán.
Destaca a devandita fraga, ás marxes finais do río Barragán, antes do encoro de Eiras, que se caracteriza por un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado. Tamén cómpre salientar elementos etnográficos e culturais como as levadas, os muíños, os pasos ou pasais, as pontes e pontellas, muros de todo tipo, camiños enlousados e, especialmente, os restos do castro da Cidade.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Senderos de Pequeño Recorrido PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán en Con botas y bastón
Categoría:Afluentes do Oitavén Categoría:Ríos da provincia de Pontevedra