José Antonio Monago Terraza, nado en Quintana de la Serena, Badaxoz, o 10 de xaneiro de 1966, é un político español, presidente do Partido Popular de Estremadura e de 2011 a 2015 Presidente da Xunta de Estremadura.

Traxectoria Primeiros anos: formación Nado en Quintana de la Serena, o seu pai, Manuel, natural de Guareña e proveniente dunha familia de labregos, era garda civil;Biografía de José Antonio Monago. PPextremadura.com. Consultado o 9-3-2013.De bombero a presidente. ABC.es. Consultado o 9-3-2013. a súa nai, Rosalía, nada en Hornachos e criada en Cordobilla de Lácara, era filla dun carteiro. Despois de que seu pai fose destinado finalmente a Calzadilla de los Barros, José Antonio Monago medrou alí. Comezou os seus primeiros estudos no Colexio Público Aneja, e rematou a fase preuniversitaria no Instituto Público Bárbara de Braganza, onde cursou COU. Durante esta etapa, Monago chegou a participar na selección estremeña de balonmán como porteiro. miniatura|esquerda|José Antonio Monago no Foro PP de Madrid. Ingresou no corpo de bombeiros en 1987, do que na actualidade é Xefe de Sección. Entre outros servizos, formou parte dos equipos de rescate que actuaron no lume dos Almacenes Arias de Madrid, onde perderon a vida 10 bombeiros, e fundou a ONG SOS Extremadura, que actuou nos terremotos de Alxeria e Marrocos.José Antonio Monago Terraza. www.gobex.es. Consultado o 9-3-2013.

Ó mesmo tempo, completou na Universidade de Estremadura os estudos de Formación do Profesorado de EXB na especialidade de Ciencias Humanas.

Posteriormente cursou os estudos de Experto Universitario en Criminoloxía dependentes da Universidade de Cádiz,José Antonio Monago: "Valoro más la lealtad...esta vida se funda sobre intereses y, cuando tú tienes personas leales, sustentas una amistad sincera". Extremaduradehoy.com. Consultado o 9-3-2013. cursou Dereito en Cáceres, realizou dous anos de Prácticas Xurídicas no Colexio de Avogados de Badaxoz (onde se colexiou), e realizou os cursos de docutoramento en Dereito na Universidade de Salamanca.

Carreira política O seu paso pola política comezou no Partido Demócrata Popular de Óscar Alzaga en Badaxoz, dende onde pasou, cando se fusionou este partido co Partido Popular, ás Novas Xeracións do Partido Popular. Daquela, foi cofundador do Consello Local da Mocidade de Badaxoz, sendo o seu primeiro vicepresidente. Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro no concello de Badaxoz polo Partido Popular. Do mesmo xeito, foi deputado autonómico e senador.Monago sustituye a Floriano como senador por la región. El Periódico de Extremadura.

Entre 2000 e 2004 foi Secretario Xeral do PP de Estremadura, de 2004 a 2008 foi Presidente do PP de Badaxoz, e dende o 9 de novembro de 2008 Presidente do PP de Estremadurahoy.es: Monago, nuevo presidente del PP, da un paso al centro y dice que el PER es necesario así como o seu candidato á Asemblea de Estremadura nas eleccións autonómicas de 2011. Malia que o PP foi a lista máis votada na Xunta de Estremadura, non acadou a maioría absoluta, polo que obtivo a presidencia grazas á abstención dos tres deputados de Esquerda Unida, convirténdose así no primeiro presidente de Estremadura do Partido Popular, tras 28 anos de goberno do PSOE.

«Barón Vermello» A presidencia de Monago, por mor da necesidade do apoio parlamentario de Esquerda Unida, caracterizouse, segundo as súas propias palabras, por unha «viaxe ó centro» e o consiguinte pulo de políticas e proxectos de maior sensibilidade social. Así por exemplo, en xuño de 2014 anunciou que, fronte as políticas fiscais contractivas do seu partido, levaría a cabo unha baixada do IRPF ós estremeños, baixada que cifrou nunha media de 292 euros anuais por contribuínte. Por outra parte, ó longo do seu mandato, realizou numerosas declaracións matizando ou arredándose directamente de posturas máis ou menos oficiais do seu partido en temas tan controvertidos como a reforma do aborto do daquela ministro de Xustiza Alberto Ruiz-Gallardón. Sobre devandita reforma manifestou que «ninguén pode negar a ninguén o seu dereito a ser nai nin tampouco pode obrigala a selo». Tamén fixo algunhas declaracións sobre os diversos casos de corrupción da época, incluídos os do seu partido, sobre os que afirmou que influíron nos malos resultados electorais obtidos polo Partido Popular nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014. Estas políticas e declaracións valéronlle, por parte da prensa, o apelativo de «Barón Vermello», en referencia ó nome que reciben os dirixentes autonómicos dos principais partidos (baróns).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados en 1966 Categoría:Presidentes da Xunta de Estremadura Categoría:Nados en Quintana de la Serena Categoría:Alumnos da Universidade de Estremadura Categoría:Alumnos da Universidade de Cádiz Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Deputados da Asemblea de Estremadura