José Naveira López, finado en Santiago de Compostela o 4 de setembro de 1935El Compostelano, 5-9-1935, p. 3., foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Ángel Naveira Lata. Foi oficial da Escola Normal de Santiago de Compostela, da que se converteu en secretario en 1931. Tamén foi secretario da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Foi redactor de Gaceta de Galicia, dirixiu El Freno de Vilagarcía de Arousa, foi redactor-xefe de El Eco de Santiago e correspondente en Compostela de Prensa Española.
Vida persoal Casou con Adela Pomar Martínez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1935 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público