Viceversa é unha revista galega de ámbito universitario que recolle e analiza traballos sobre a tradución en Galicia.

Historia Publícase dende 1995, poucos anos despois da creación dunha licenciatura de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo.

Canto aos contidos, salientar que recolle a produción científica dos dita licenciatura, así como traballos de personalidades da tradución e outros documentos de interese para os estudantes de Tradución e tamén de Filoloxía Galega.

No organigrama figura unha dirección, unha secretaría, un consello de redacción e mais un comité asesor.

A edición e publicación corre a cargo da Asociación de Tradutores Galegos e o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da universidade viguesa.

Puntualmente colabora a Consellaría de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

En 2014 o director da revista era Alberto Álvarez Lugrís.

Estrutura Consta de cinco apartados ou seccións: Historia e teoría da tradución Instrumenta Traducións xustificadas Críticas e recensións Informacións

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web de Viceversa

Categoría:Tradución Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Universidade de Vigo Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas españolas do século XXI