Red Road é unha película escocesa dirixida por Andrea Arnold, estreada no ano 2006. Conta a historia dunha operadora de seguridade de CCTV que observa a través dos monitores un home do seu pasado. O nome do filme provén dos chamados edificios Red Road, onde se asenta parte da película, que se atopaban en Barmulloch, Glasgow, que foron os edificios residencias máis altos de Europa no momento da súa construción.Red Road Flats, Glasgow Digital Library O seu estilo enmárcase no movemento Dogma 95, co emprego de luz natural e cámaras de man.

Red Road é a primeira película da triloxía Advance Party, un proxecto de triloxía que ía seguir certas regras de como as películas debían ser escritas e dirixidas: todas serían rodadas e emprazadas en Escocia, usando os mesmos personaxes e actores, cada película sería dirixida por un director diferente debutante...Vervepics.com The Observer fíxolle unha enquisa a varios directores e críticos de cine, situando esta película como unha das mellores películas británicas dos últimos 25 anos.

Argumento Jackie Morrison traballa como operadora de CCTV para o concello de Glasgow. Mira a xente no seu día a día, e intenta protexela como pode. No filme, preséntase a esta persoa como, a pesar de ollar o mundo con grande atención, cunha vida illada del.

Un día ve un home a través das pantallas de vixilancia, un home que pensaba que nunca máis volvería ver. Tornarase unha obsesión seguilo, tanto a través das cámaras como en persoa. Jackie asiste a unha festa no piso do home nos edificios Red Road co obxectivo de saber máis sobre el. Vaise creando bastante tensión pois, entre outras cousas, o espectador non coñece as causas da obsesión de Jackie por este home, causas que imos coñecendo a pouquiños.

Elenco Kate Dickie como Jackie Morrison Tony Curran como Clyde Henderson Martin Compston como Stevie Natalie Press como April

Premios Premio do xurado do festival de cine de Cannes de 2006 BAFTA Escocia 2006 - Mellor guión BAFTA Escocia 2006 - Mellor actriz nun filme escocés (Kate Dickie) BAFTA Escocia 2006 - Mellor actor nun filme escocés (Tony Curran) BAFTA Escocia 2006 - Mellor director BAFTA Escocia 2006 - Mellor filme Festival de Cine de Londres de 2006, Sutherland Trophy "ao director do primeiro filme máis orixinal"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas British Films Catalogue Cannes director urges CCTV debate Interview with Andrea Arnold and Kate Dickie, Filmmaker Magazine Web Exclusives

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Escocia Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en Glasgow