O Grupo Chévere (Chévere Producciones S.L.U.) é unha compañía de teatro independente e produtora audiovisual galega, con sede en Ames.

Traxectoria miniatura|esquerda|Chévere presentando o Music.gal en 2008.

miniatura|dereita|Presentación das actividades do 30 aniversario de Chévere en 2017. dereita|miniatura|Representación de Ictus, 2026.

Foi creada en Santiago de Compostela ao redor de 1987 por Miguel de Lira, John Eastham, Vicente Mohedano Mira e Xesús Ron (en 1988 engadiuse Blanca Cendán e nos anos sucesivos Manuel Cortés). O grupo impulsou en 1992 a apertura da Sala Nasa (Nave de Servizos Artísticos), converténdose nunha das denominadas compañías residentes de teatro. Nela ficaron ata o 30 de setembro de 2011Máis alá da Ultranoite, p. 84., ano en que a abandonaron pola falta de apoio do Concello de SantiagoEl País, 27-1-2012.. O 9 de marzo do ano seguinte, comezaron cunha nova residencia estable no veciño concello de Teo El Correo Gallego, 10-3-2012.Máis alá da Ultranoite, p. 88.. Alí continuaron desenvolvendo a súa actividade habitual ata que en 2014 recibiron o Premio Nacional de Teatro do Ministerio de Cultura. Como resposta ao galardón crearon A Berberecheira, un espazo de creación e experimentación teatral de xestión colectiva, co obxectivo de apoiar proxectos externos á compañía, ofrecendo aos seus colaboradores a estrutura, os medios e a experiencia da compañía. Os primeiros resultados deste laboratorio de creación foron as pezas Goldi Libre (2016) de César Goldi, Salvador (2017) de Borja Fernández e Anatomía dunha serea (2018) de Iria Pinheiro. .Todos eles teñen en común o seu carácter autobiográfico ou o uso de materiais e experiencias propias, así como a experimentación nos rexistros e nas narrativas escénicas.

Como produtores teatrais destacaron pola posta en marcha das denominadas Ultranoites, espectáculos teatrais de variedades e cabaré con grande importancia da participación do público, onde se deron a coñecer moitos artistas noveis como Luís Tosar ou Fran Narf, motivo polo que terminaron sendo "un catálogo vivo das xentes do teatro galego"Máis alá da Ultranoite, p. 2.. A primeira Ultranoite tivo lugar o 30 de xaneiro de 1993, contando cunha actuación dos actores Miguel de Lira e Manuel Cortés cunha "homenaxe ás traballadoras do sexo" do compostelán barrio do PombalMáis alá da Ultranoite, p. 5.. Co tempo foron incorporándose ao grupo novos artistas multidisciplinares como Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar ou César Goldi, actuais integrantes e protagonistas das últimas producións. Tras a mudanza a Teo, as Ultranoites celebradas neste concello cambiaron o nome para Ultranoiteo durante o ano 2012, recuperando posteriormente a denominación orixinalMáis alá da Ultranoite, pp. 88-90..

O 12 de novembro de 2014 estreouse no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu documental A viaxe dos Chévere do director compostelán Alfonso Zarauza, que narra e analiza o nacemento e percorrido da compañía nesta cidade e o seu éxodo cara TeoFicha técnica .. A finais do mesmo ano editouse o disco-libro-DVD Máis alá da Ultranoite, onde se recolle a historia das dúas décadas de Ultranoites na Sala Nasa"Chévere presenta o seu libro-disco «Máis alá dá Ultranoite»", artigo en La Voz de Galicia, 23-12-2014. A presentación tivo lugar no pub compostelán Hervor Fervor o 23-12-2014.. Outra das súas obras audiovisuais foi a curtametraxe En Plan Galicia (2005), incluída no filme-documental colectivo Hai que botalos.

No ano 2016 estrea Eroski Paraíso, espectáculo cuxa adaptación cinematográfica levan á pantalla grande no 2019 da man da produtora OlloVivo. Tamén en 2016 dirixiu o espectáculo da edición dos Premios María Casares, mentres que en 2017 celebrou o seu 30 aniversario recuperando as súas obras mestras Río Bravo, Annus Horríbilis e Ultranoite no País dos Ananos, esta última representada nunha ateigada Praza da Quintana de Santiago de Compostela. Tamén nese ano publicou xunto coa editora Kalandraka a colección Biblioteca de Teatro, cos textos das obras máis representativas da compañía. En 2018 estrea a súa primeira coprodución co CDG Divinas Palabras Revolution, unha adaptación da obra de Valle-Inclán.

En 2022 Kalandraka editou Chévere (1987 – 2022), trinta e cinco anos de axitación cultural.

Montaxes Servicio discrecional (sketches) (1987)

Supersónic, o mal non acouga (1988) Salomé (1989) Río Bravo (1990) Big Bang (1992)Imaxes do espectáculo . Máquina total (1994) Cabaret tan tan (1994) Annus Horríbilis (Pícola Ópera Portábile) (outubro de 1994)Máis alá da Ultranoite, p. 13. Órbita Mutante (pachanga teatral) (maio de 1997)Máis alá da Ultranoite, p. 26. A rutina é o deber de todas as criaturas (xaneiro de 1999)Máis alá da Ultranoite, p. 33. Show sincero de Ana Pudor (1999) Hero.es (marzo de 2000)Máis alá da Ultranoite, p. 41. Clownfútbol (xullo de 2000) O Navegante (outubro de 2001)Máis alá da Ultranoite, p. 46. Humana (xullo de 2002)Máis alá da Ultranoite, p. 50. Espectáculo de Ana Pudor. Río Bravo 02 (outubro de 2002)Máis alá da Ultranoite, p. 51. Escapárate (teatro en escaparates comerciais) (2003, 2010 e 2012) Radio Universo (abril de 2004)Máis alá da Ultranoite, p. 56. Tentacular (2006) Alá no fondo hai sitio abondo (espectáculo sobre nanotecnoloxía) (2007) S.O.S. planeta terra (espectáculo sobre as ciencias da Terra) (2008) Unha noite chévere na casa das campás (2008) Testosterona (febreiro de 2009)Máis alá da Ultranoite, p. 74. Citizen 1 (outubro de 2010)Santiago Turismo . Estreouse o 13-10-2010.Máis alá da Ultranoite, p. 80. Citizen 2 (novembro de 2010) La Voz de Galicia, 23-11-2010. Estreouse o 23-11-2010. Citizen 3 (febreiro de 2011)Máis alá da Ultranoite, p. 82. I'll be watching you (espectáculo xuvenil para a prevención da violencia machista) (2011) Citizen. Edición completa (marzo de 2011)Máis alá da Ultanoite, p. 82. Eurozone (febreiro de 2013)Eurozone. Dosier de la obra (en castelán) . Foi estreada o 23 de febreiro de 2013 no Teatro Municipal de Teo (A Ramallosa).O "primeiro espectáculo galego que se programará no Centro Dramático Nacional" (Faro de Vigo, 28-6-2013. As fillas bravas (2014) Ultranoite no País dos Ananos (2014) Eroski Paraíso (2016) Divinas Palabras Revolution (2018), coprodución co CDG Curva España (2019) miniatura|300px|Chévere presentando o Music.gal en 2008.N.E.V.E.R.M.O.R.E. (2021) Helen Keller, a muller marabilla? (2024) Ictus (2026)

Berberecheira

Goldi Libre (2016)

Salvador (2017)

Anatomía dunha serea (2018)

Libros

As Fillas Bravas de Momán (2025). Pontevedra: Kalandraka. 72 páxs. ISBN 9788413433844.

Recoñecementos Recibiu, entre outros, o Premio da Crítica de Barcelona ao mellor musical (decembro de 1996)Máis alá da Ultranoite, p. 23., o Premio de Honra da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o Premio Nacional de Teatro (2014)"Chévere ve o Premio Nacional como un recoñecemento ao "teatro máis anónimo e combativo" feito en galego" Galicia Hoxe, 26/11/2014.Orde ECD/2387/2014, de 4 de decembro, "pola que se conceden os Premios Nacionais convocados polo Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, correspondentes ao ano 2014".. Tanto a compañía coma os seus integrantes foron galardoados con numerosos Premios María Casares ao longo da súa traxectoria, destacando os tres premios a mellor espectáculo por Citizen Total (2012), Eurozone (2014) e Eroski paraíso (2017). En 2018 recibiu o Premio Gala do Libro Galego na modalidade de Teatro polo texto de Rio Bravo, editado por Kalandraka.

En 2022, Premio da Crítica de Galicia por N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Máis alá da Ultranoite. Crónica canalla do cambio de milenio (1993-2013), de Chévere. Edición de Xesús Ron, colección Ultratextos Documents; Santiago de Compostela, 2014. ISBN 978-84-617-3060-5. 1 DVD e 1 disco compacto. "CHEVERE". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Outros artigos Sala Nasa Ligazóns externas grupochevere.eu redenasa.tv Dossier de prensa de Eurozone , información da traxectoria da compañía.

Categoría:Compañías de teatro de Galicia