Chi Cheng, nado o 15 de xullo de 1970 en Stockton, California e finado o 13 de abril de 2013, foi un músico estadounidense coñecido por ter sido o baixista da banda de metal alternativo Deftones. A súa carreira rematou de xeito fortuíto no ano 2008, cando tivo un grave accidente de coche en Santa Clara, California. Tras o mesmo, estivo nun estado semi-comatoso durante catro anos ata a súa morte por un paro cardíaco en abril de 2013.

Categoría:Nados no condado de San Joaquin, California Categoría:Nados en 1970 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América