Teófanes III, nado en 1570 en Dimitsana e finado o 15 de decembro de 1644 en Constantinopla, foi patriarca da Igrexa ortodoxa de Xerusalén entre 1608 e 1644.
Traxectoria Bautizado co nome de Karakallos, era sobriño do patriarca de Xerusalén Sofronio IV. Foi enviado polo patriarca de Constantinopla Timoteu II entre 1619 e 1620 a Moscova, onde consagrou o 14 de xuño de 1619 a Feodor Nikitich Romanov como patriarca de Moscova. Entre 1620 e 1621 estivo en Kíiv, onde coa consagración de Yov Boretskyi restaurou a metrópole ortodoxa de Kíiv, desaparecida dende a unión da sé anterior á Igrexa católica na Unión de Brest.
Notas
Categoría:Nados en 1570 Categoría:Finados en 1644 Categoría:Nados na periferia do Peloponeso Categoría:Patriarcas ortodoxos de Xerusalén Categoría:Bispos ortodoxos de Grecia Categoría:Bispos ortodoxos de Israel Categoría:Bispos ortodoxos de Palestina Categoría:Bispos ortodoxos do século XVII