A horteláNome vulgar en galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración , Universidade de Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega, Mentha spicata (Crantz , sinónimo M. viridis (L.) L.), é unha especie do xénero Mentha, unha herba aromática moi empregada en gastronomía e perfumería polo seu recendo intenso e fresco. Descrición Acada os 30 cm de altura. As follas danlle o seu nome científico pola súa forma lanceolada (spica significa "lanza" en latín); son moi aromáticas, serradas, glabras, pilosas polo envés. As flores posúen un cáliz con cinco sépalos aproximadamente iguais e gorxa glabra. A corola é lila, rosa ou branca, e moi glandulosa, de até 3 mm de longo. As raíces son extensas e invasivas. miniatura|Inflorescencia.
Hábitat A planta medra con facilidade en calquera clima temperado; pode aturar o sol, aínda que prefire a media sombra, e benefíciaa o solo arxiloso. Hibrida con facilidade con outras especies de Mentha, dando lugar á menta común (Mentha × piperita) e ao mentrasre (Mentha × villosa). Historia O uso medicinal da hortelá é vello, como o demostra a súa presenza na Capitulare de villis vel curtis imperii, unha orde emitida por Carlomagno que reclama ás súas leiras para cultivaren unha serie de herbas e condimentos incluíndo "mentam" identificada actualmente como Mentha spicata. miniatura|Vista da planta. Usos Medicinais Ten propiedades antiespasmódicas, é carminativo, antiséptico, analxésico, antiinflamatorio e estimulante.
O xeito máis común de usar a hortelá é facendo infusión coas súas follas. Desta forma axúdase a tratar os problemas de indixestión, gases intestinais e as inflamacións do fígado, actúa sobre a vesícula biliar xa que activa a produción da bile, ademais alivia os mareos e as dores. miniatura|Ilustración.
Contén mentol como principal compoñente activo, podendo actuar directamente sobre os nervios que transmiten a sensación dolorosa, amortecendo así tal sensación. Tamén contén mentona, felandreno e limoneno.
Estudos recentes amosaron que a infusión de hortelá pode ser usada como un tratamento leve de hirsutismo nas mulleres. As súas propiedades antiandroxénicas reducen o nivel de testosterona no sangue.http://news.bbc.co.uk/2/hi/health/6376599.stm Tea 'controls female facial hair growth' miniatura|En vaso. No seu uso tópico, o aceite de hortelá ten acción relaxante e actúa como antiirritante e analxésico con capacidade de reducir a dor e de mellorar o fluxo do sangue á área afectada.
Ao mesturar a infusión con aceite de oliva obtense un excelente ungüento que pode ser usado en compresas para sandar as queimaduras e como calmante de cambras musculares, ou como lubrificante.
Gastronómicos A hortelá consómese como bebida en infusión, elaborada con 5 a 6 ml de auga a uns 80 °C. Emprégase coma herba aromática, sendo un dos aromas utilizados para caramelos, gomas de mascar, xeados e outras preparacións de repostaría aromatizadas con menta. Úsase para adubar ensaladas, sopas, carnes de caza e de año. As follas de Mentha spicata ou hortelá verde tamén se utilizan para realizar un dos cócteles máis populares, o mojito cubano e para aromatizar pratos como o puchero de Andalucía. A infusión de té con hortelá é o coñecido coma té mouro, típico do norte de África.
Taxonomía Mentha spicata foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 576. 1753.
Variedades e sinonimia miniatura|No seu hábitat. subsp. condensata (Briq.) Greuter & Burdet, Willdenowia 14: 301 (1984 publ. 1985). Da rexión do Mediterráneo. Mentha tomentosa subsp. condensata Briq., Bull. Trav. Soc. Bot. Genève 5: 97 (1889). Mentha microphylla var. condensata (Briq.) Briq. in H.G.A.Engler & K.A.E.Prantl, Nat. Pflanzenfam. 4(3a): 322 (1897). Mentha chalepensis Mill., Gard. Dict. ed. 8: 10 (1768). Mentha tomentosa d'Urv., Mém. Soc. Linn. París 1: 323 (1822), nom. illeg. Mentha microphylla K.Koch, Linnaea 21: 648 (1849). Mentha sieberi K.Koch, Linnaea 21: 649 (1849), sinonimia provisional. Mentha derelicta Déségl., Bull. Soc. Études Sci. Angers 8-9: 244 (1880). Mentha subsessilis Borbás, Oesterr. Bot. Z. 30: 20 (1880). Mentha sofiana Trautm., Bot. Közlem. 29: 111 (1932). Mentha sofiana subsp. kickxiifolia Trautm., Bot. Közlem. 29: 112 (1932). subsp. spicata. De Europa ata China. Mentha crispa L., Sp. Pl.: 576 (1753). Mentha viridis (L.) L., Sp. Pl. ed. 2: 804 (1763). Mentha romana Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 378 (1764), opus utique oppr. Mentha glabra Mill., Gard. Dict. ed. 8: 2 (1768). Mentha tenuis Michx., Fl. Bor.-Amer. 2: 2 (1803). Mentha crispata Schrad. ex Willd., Enum. Pl.: 608 (1809). Mentha laevigata Willd., Enum. Pl.: 609 (1809). Mentha undulata Willd., Enum. Pl.: 608 (1809). Mentha ocymiodora Opiz, Naturalientausch 4: 21 (1823). Mentha walteriana Opiz, Naturalientausch 9: 132 (1825). Mentha rosanii Ten., Fl. Neapol. Prodr. App. 5: 18 (1826). Mentha tenuiflora Opiz, Naturalientausch 11: 438 (1826). Mentha brevispicata Lehm., Index Seminum (HBG) 1828: 16 (1828). Mentha hortensis Opiz ex Fresen., Syll. Pl. Nov. 2: 227 (1828). Mentha pudina Buch.-Ham. ex Benth. in Wall, Pl. Asiat. Rar. 1: 29 (1830). Mentha balsamea Rchb., Fl. Germ. Excurs.: 309 (1831), nom. illeg. Mentha cordato-ovata Opiz, Naturalientausch 1831: 61 (1831). Mentha lacerata Opiz, Naturalientausch 1831: 60 (1831). Mentha lejeuneana Opiz, Nomencl. Bot.: 69 (1831). Mentha lejeunii Opiz ex Rchb., Fl. Germ. Excurs.: 309 (1831). Mentha tenuifolia Opiz ex Rchb., Fl. Germ. Excurs.: 309 (1831). Mentha michelii Ten. ex Rchb., Iconogr. Bot. Pl. Crit. 10: 27 (1832). Mentha pectinata Raf., Autik. Bot.: 113 (1840). Mentha inarimensis Guss., Enum. Pl. Inarim.: 255 (1855). Mentha atrata Schur, Enum. Pl. Transsilv.: 516 (1866). Mentha laciniosa Schur, Enum. Pl. Transsilv.: 515 (1866). Mentha piperella (Lej. & Courtois) Opiz ex Lej. & Courtois, Bull. Soc. Roy. Bot. Belgique 26: 86 (1887). Mentha sepincola Holuby, Pfl. Trenesiner Comit.: 74 (1888). Mentha tauschii Heinr.Braun in J.Holuby, Pfl. Trenesiner Comit.: 74 (1888). Mentha rubicunda Heinr.Braun & Topitz, Deutsche Bot. Monatsschr. 13: 147 (1895). Mentha romana Bubani, Fl. Pyren. 1: 385 (1897). Mentha integerrima Mattei & Lojac., Boll. Reale Orto Bot. Palermo 7: 72 (1908).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México. Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson. Crespo, S. 1979. Labiatae. 5: 294–346. In A. E. Burkart (ed.) Fl. Il. Entre Ríos. Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria, Bos Aires. Cronquist, A.J., A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren. 1984. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A. 4: 1–573. In A.J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York. Flora of China Editorial Committee. 1994. Flora of China (Verbenaceae through Solanaceae). 17: 1–378. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing e San Luís. Flora of China Editorial Committee. 1996. Flora of China (Myrsinaceae through Loganiaceae). 15: 1–387. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing e San Luís. Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Río de Xaneiro.
Categoría:Mentha Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Galicia Categoría:Herbas aromáticas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Taxons descritos por Linné