Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica do século XVII, coñecido sobre todo polas súas leis do movemento planetario, e os seus libros Astronomia nova, Harmonice Mundi e Epitome Astronomiae Copernicanae, influíndo entre outros en Isaac Newton, proporcionandolle unha das bases para a súa teoría da gravitación universal. A variedade e repercusión dos seus traballos converteron a Kepler nun dos fundadores e pais da astronomía moderna, do método científico e das ciencias naturais.https://www.dpma.de/english/our_office/publications/milestones/greatinventors/johanneskepler/index.html

Kepler foi profesor de matemáticas nun seminario de Graz, onde se converteu en socio do príncipe Hans Ulrich von Eggenberg. Máis tarde converteuse en axudante do astrónomo Tycho Brahe en Praga, e finalmente en matemático imperial do emperador Rodolfo II e os seus dous sucesores Matthias e Fernando II. Tamén ensinou matemáticas en Linz, e foi conselleiro do xeneral Wallenstein. Ademais, fixo un traballo fundamental no campo da óptica, sendo nomeado o pai da óptica moderna,https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S0960077922008748 en particular pola súa Astronomia Pars Optica. Tamén inventou unha versión mellorada do telescopio refractor, o telescopio kepleriano, que se converteu na base do telescopio refractor moderno,https://www.britannica.com/science/Keplerian-telescope á vez que melloraba o deseño do telescopio de Galileo Galilei, que mencionou os descubrimentos de Kepler na súa obra.

Kepler viviu nunha época na que non existía unha distinción clara entre astronomía e astroloxía, pero si unha forte división entre a astronomía (unha rama das matemáticas dentro das artes liberais) e a física (unha rama da filosofía natural). Kepler tamén incorporou argumentos e razoamentos relixiosos á súa obra, motivado pola convicción relixiosa e a crenza de que Deus creara o mundo segundo un plan intelixible e accesible a través da luz natural da razón.Barker and Goldstein. "Theological Foundations of Kepler's Astronomy", pp. 112–113. Kepler describiu a súa nova astronomía como "física celeste",Kepler. New Astronomy, title page, tr. Donohue, pp. 26–27 como "unha excursión á Metafísica de Aristóteles",Kepler. New Astronomy, p. 48 e como "suplemento á obra de Aristóteles Sobre o ceo",Epitome of Copernican Astronomy in Great Books of the Western World, Vol 15, p. 845 transformou a antiga tradición da cosmoloxía física tratando a astronomía como parte dunha física matemática universal.Stephenson. Kepler's Physical Astronomy, pp. 1–2; Dear, Revolutionizing the Sciences, pp. 74– 78

Kepler foi chamado o "pai da ciencia ficción" pola súa novela Somnium.

Traxectoria Infancia (1571–1590) miniatura|esquerda|upright|Lugar de nacemento de Kepler, en Weil der Stadt Kepler naceu nunha familia de relixión protestante luterana, instalada na cidade imperial libre de Weil der Stadt, que hoxe en día forma parte da rexión metropolitana de Stuttgart, no estado alemán de Baden-Württemberg, a 30 quilómetros ao oeste do centro de Stuttgart. O seu avó, Sebald Kepler, fora alcalde desta cidade, pero na época que naceu Johannes, a fortuna da familia Kepler atopábase en decadencia. O seu pai, Heinrich Kepler, gañábase a vida de xeito precaria como mercenario no exército do duque de Wurtemberg e raramente frecuentaba o domicilio familiar, el abandonou a familia cando Johannes tiña cinco anos. Crese que morreu loitando na guerra dos oitenta anos, nos Países Baixos. A súa nai, Katharina Guldenmann, era filla dun posadeiro, era curandeira e herborista e máis tarde acabou sendo xulgada por bruxería. Nado prematuramente aos sete meses de embarazo, Johannes afirmou que fora un neno débil e enfermizo. Kepler tivo dous irmáns e unha irmá, Heinrich, Christopher e Margarette. Kepler foi un neno brillante e como detalle das súas capacidades intelectuais, parece que impresionaba os viaxeiros que a miúdo pasaban polo hotel do seu avó, mostrando unhas facultades matemáticas excepcionais.Caspar, Kepler, p. 29–36; Connor, Kepler's Witch, p. 23–46.

De 1574 a 1576, viviu con Heinrich —que tiña epilepsia—na casa dos seus avós, mentres o seu pai estaba en campaña e a súa nai fora na súa procura. miniatura|upright|De neno, Kepler foi testemuña do gran cometa de 1577 (nome oficial: C/1577 V1), que atraeu a atención dos astrónomos de toda Europa. Trala volta de seus pais trasladouse a Leonberg, onde ingresa na escola latina en 1577. Introduciuse na astronomía a unha idade temperá e desenvolveu unha forte paixón por ela que abarcaría toda a súa vida. Aos seis anos, observou o Gran Cometa de 1577 , escribindo que "foi levado pola súa nai a un lugar alto para miralo".Koestler. The Sleepwalkers, p. 234 (traducido do horóscopo familiar de Kepler). En 1580, á idade de nove anos, observou outro evento astronómico, unha eclipse lunar, rexistrando que lembraba ser "chamado ao aire libre" para velo e que a Lúa "parecía bastante vermella". Con todo, a varíola infantil, que contraera cando tiña tres anos, deixoulle unha visión débil e as mans lisiadas, o que limitou a súa capacidade nos aspectos observacionales da astronomía.Caspar. Kepler, pp. 36–38; Connor. Kepler's Witch, pp. 25–27.

En 1589, despois de asistir á escola primaria, á escola latina e aos seminario de Maulbronn, Kepler asistiu ao Tübinger Stift da Universidade de Tubinga. Alí estudou filosofía con Vitus MüllerConnor, James A. Kepler's Witch (2004), p. 58. e teoloxía con Jacob Heerbrand (un estudante de Philipp Melanchthon en Wittenberg), que tamén ensinou a Michael Maestlin mentres era estudante, ata que foi nomeado chanceler en Tübingen en 1590.Barker, Peter; Goldstein, Bernard R. "Theological Foundations of Kepler's Astronomy", Osiris, 2nd Series, Vol. 16, Science in Theistic Contexts: Cognitive Dimensions (2001), p. 96. Demostrou ser un excelente matemático e estableceu unha reputación como un hábil astrólogo, facialles horóscopos aos seus compañeiros. Recibiu clases de Michael Maestlin, profesor de matemáticas en Tubinga de 1583 a 1631, aprendeu tanto o sistema tolemaico como o sistema copernicano do movemento planetario. Despois converteuse en copernicano convencido. Nunha disputa estudantil, defendeu o heliocentrismo dende unha perspectiva tanto teórica como teolóxica, mantendo que o Sol era a principal fonte de forza motriz do universo.Westman, Robert S. "Kepler's Early Physico-Astrological Problematic," Journal for the History of Astronomy, 32 (2001): 227–236. A pesar do seu desexo de converterse en ministro, ao final dos seus estudos recomendáronlle a Kepler un posto de ensino de matemáticas e astronomía na escola protestante de Graz. Aceptou o cargo en abril de 1594, aos 22 anos.Caspar. Kepler, pp.  38–52; Connor. Kepler's Witch, pp.  49–69.

Kepler rematou o seu primeiro período de estudos, de tres anos, en 1583 con algo de atraso a causa do seu traballo coma xornaleiro agrícola. En 1584 entrou no Seminario protestante de Adelberg e dous anos máis tarde no Seminario Superior de Maulbronn. Alí obtivo o seu diploma de fin de estudos e matriculouse en 1589 na universidade de Tubinga. Seu pai partiu de novo para a guerra en 1589, desaparecendo para sempre.

En 1589, despois de asistir á escola primaria, á escola latina e aos seminario de Maulbronn, Kepler asistiu ao Tübinger Stift da Universidade de Tubinga. Alí estudou filosofía con Vitus MüllerConnor, James A. Kepler's Witch (2004), p. 58. e teoloxía con Jacob Heerbrand (un estudante de Philipp Melanchthon en Wittenberg), que tamén ensinou a Michael Maestlin mentres era estudante, ata que foi nomeado chanceler en Tübingen en 1590.Barker, Peter; Goldstein, Bernard R. "Theological Foundations of Kepler's Astronomy", Osiris, 2nd Series, Vol. 16, Science in Theistic Contexts: Cognitive Dimensions (2001), p. 96. Demostrou ser un excelente matemático e estableceu unha reputación como un hábil astrólogo, facialles horóscopos aos seus compañeiros. Recibiu clases de Michael Maestlin, profesor de matemáticas en Tubinga de 1583 a 1631, aprendeu tanto o sistema tolemaico como o sistema copernicano do movemento planetario. Despois converteuse en copernicano convencido. Nunha disputa estudantil, defendeu o heliocentrismo dende unha perspectiva tanto teórica como teolóxica, mantendo que o Sol era a principal fonte de forza motriz do universo.Westman, Robert S. "Kepler's Early Physico-Astrological Problematic," Journal for the History of Astronomy, 32 (2001): 227–236. A pesar do seu desexo de converterse en ministro luterano , ao final dos seus estudos recomendáronlle a Kepler un posto de ensino de matemáticas e astronomía na escola protestante de Graz. Aceptou o cargo en abril de 1594, aos 22 anos.Caspar. Kepler, pp.  38–52; Connor. Kepler's Witch, pp.  49–69.

Graz (1594–1600)

Antes de concluír os seus estudos en Tubinga, Kepler aceptou unha oferta para ensinar matemáticas como substituto de Georg Stadius na escola protestante de Graz (agora en Estiria, Austria).Caspar, Kepler. pp. 50–51. Durante este período (1594–1600), publicou moitos calendarios e prognósticos oficiais que melloraron a súa reputación como astrólogo. Aínda que Kepler tiña sentimentos encontrados sobre a astroloxía e desprezaba moitas prácticas habituais dos astrólogos, cría profundamente nunha conexión entre o cosmos e o individuo. Finalmente publicou algunhas das ideas que o tiveron entretido cando era estudante no Mysterium Cosmographicum (1596), publicadas pouco máis dun ano despois da súa chegada a Graz.Caspar, Kepler. pp. 58–65.

En decembro de 1595, Kepler coñeceu a Barbara Müller, unha viúva de 23 anos (dobremente viuva) cunha filla pequena, Regina Lorenz, e comezou a cortexala. Müller, herdeira das leiras dos seus últimos maridos, tamén era filla dun próspero muiñeiro. O seu pai, Jobst, inicialmente opúxose ao matrimonio. Aínda que Kepler herdara a nobreza do seu avó, a súa pobreza convertíao nun partido inaceptable. Jobst cedeu despois de que Kepler rematou o seu traballo en Mysterium, pero o compromiso case fracasa mentres Kepler estaba fóra lidando cos detalles da publicación. Non obstante, os funcionarios protestantes, que axudaran a organizar a voda, meteron presión aos Müller para que cumpriran o seu acordo. Barbara e Johannes casaron o 27 de abril de 1597.Caspar, Kepler. pp. 71–75.

Nos primeiros anos do seu matrimonio, os Kepler tiveron dous fillos (Heinrich e Susanna), ambos os dous falecidos na infancia. En 1602, tiveron unha filla (Susanna); en 1604, un fillo (Friedrich); e en 1607, outro fillo (Ludwig).Connor. Kepler's Witch, pp. 89–100, 114–116; Caspar. Kepler, pp. 75–77 Outras investigacións Tras a publicación de Mysterium e coa bendición dos inspectores escolares de Graz, Kepler iniciou un ambicioso programa para ampliar e elaborar a súa obra. Planeou catro libros adicionais: un sobre os aspectos estacionarios do universo (o Sol e as estrelas fixas); outro sobre os planetas e os seus movementos; outro sobre a natureza física dos planetas e a formación de accidentes xeográficos (centrado especialmente na Terra); e outro sobre os efectos dos ceos na Terra, que incluiría óptica atmosférica, meteoroloxía e astroloxía.Caspar. Kepler, pp. 85–86.