San Xiao de Cumbraos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 239 habitantes (126 homes e 113 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 271 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.
Aquí naceu Mateo de Prado (c. 1614-1677), unha das meirandes figuras da escultura barroca galega.
miniatura|Cumbraos no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Cumbraos no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).
Toponimia O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.VILLARES, R. (2004): Historia de Galicia. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, páx. 86.
Xeografía A parroquia de Cumbraos ten unha superficie de 14,12 km² pola que se espallan 26 núcleos de poboación.
Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 68 278 287
Século XIX 1816/17 1826 1831 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 81 97 – 40 102 61 74 – – Habitantes – 415 479 200 510 353 474 496 467
Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 564 538 642 774 729 587 535 412 358 309 278 285
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 287 285 279 271 271 266 269 262 260 255 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 254 248 243 239 232 227 219 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Patrimonio A Castronela, Castro de Cumbraos ou Cruz do Castro Ponte gótica de Guisó. Tamén coñecida coma a ponte de Cepo-Guisó, é unha ponte medieval situada no antigo camiño que comunicaba os lugares de Guisó e O Cepo. Segundo a tradición, por ela transportouse a pedra con que se construíu o mosteiro de Sobrado.
Carballo da Portacal No lugar da Portacal áchase o que é considerado o segundo carballo máis antigo de Galiza pola Sociedade Galega de Historia Natural. En 2011 foi incluído no catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galicia.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cumbraos
Parroquias de Sobrado
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Sobrado
Categoría:Parroquias de Sobrado Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía