A arquieparquía de Filadelfia (en ) é unha sé metropolitana católica ucraína. En 2010 tiña 14.980 bautizados. O seu arcebispo dende 2019 é Borys Gudziak.

Territorio A eparquía abrangue os distrito federal de Washington, D.C., e os estados de Virxinia, Maryland e Nova Jersey, e a parte oriental do de Pensilvania, até os condados de Potter, Clinton, Centre, Mifflin, Huntingdon e Fulton. A sé arquidiocesana é a cidade de Filadelfia, onde está a catedral da Inmaculada Concepción. O territorio está organizado en 66 parroquias.

Historia O 28 de maio de 1913 o papa Pío X erixiu un ordinariato para os fieis de rito oriental nos Estados Unidos.

O 8 de maio de 1924 o ordinariato foi elevado a exarcado apostólico.

O 10 de xullo de 1958 o exarcado apostólico foi elevado ao rango de arquieparquía metropolitana, e tomou o nome actual.

O 14 de xullo de 1961 cedeu os territorios ao oeste de Ohio e dos ríos Missouri e Mississippi para erixir a eparquía de San Nicolao de Chicago.

O 5 de decembro de 1983 cedeu os territorios dos estados de Ohio, Kentucky, Tennessee, Mississippi, Alabama, Xeorxia, a Florida, Carolina do Norte e do Sur, Virxinia Occidental e a parte occidental de Pensilvania para erixir a eparquía de San Xosafat de Parma.

Episcopoloxio Soter Stefan Ortynskyi (4 de marzo de 1907 - 24 de marzo de 1916, finado) Kostiantyn Bohachevskyi (20 de maio de 1924 - 6 de xaneiro de 1961, finado) Ambrosii Senyshyn (14 de agosto de 1961 - 11 de setembro de 1976, finado) Joseph Michael Schmondiuk (20 de setembro de 1977 - 25 de decembro de 1978, finado) Myroslav Ivan Liubachivskyi (13 de setembro de 1979 - 27 de marzo de 1980, nomeado arcebispo coadxutor de Lviv) Stefan Sulyk (29 de decembro de 1980 - 29 de novembro de 2000, retirado) Stefan Soroka (29 de novembro de 2000 - 16 de abril de 2018, retirado) Borys Gudziak (18 de febreiro de 2019 - )

Notas

Véxase tamén Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Divisións territoriais católicas nos Estados Unidos de América Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Eparquías católicas