A eparquía de San Vladimiro Magno de París, ou simplemente eparquía de París, é unha diocese da Igrexa Católica Bizantina Ucraína inmediatamente suxeita ao Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia. En 2012 tiña arredor de 25.400 bautizados. O seu bispo actual é, dende 2012, Borys Gudziak.

Territorio A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa Católica Bizantina Ucraína en Francia, Bélxica, Luxemburgo, os Países Baixos e Suíza.

A sé episcopal é a cidade de París, onde está a catedral de San Vladimiro. O territorio está organizado en 16 parroquias.

Historia O 22 de xullo de 1960, coa bula Aeterni Pastoris, o papa Xoán XXIII erixiu o exarcado apostólico para os fieis ucraínos residentes en Francia, co nome de exarcado apostólico de Francia, inicialmente sufragáneo da arquidiocese metropolitana de París.

O 19 de xaneiro de 2013 o exarcado foi elevado ao rango de eparquía e tomou no nome actual, pola bula Qui in beati do papa Bieito XVI.

Episcopoloxio Exarcas apostólicos de Francia Volodymyr Malanchuk (22 de xullo de 1960 - 27 de novembro de 1982, retirado) Mykhail Hrynchyshyn (27 de novembro de 1982 - 21 de xullo de 2012, retirado) Borys Gudziak (21 de xullo de 2012 - 19 de xaneiro de 2013, elevación da sé) Bispos de San Vladimiro Magno de París Borys Gudziak (19 de xaneiro de 2013 - 18 de febreiro de 2019, nomeado arcebispo de Filadelfia) Sé vacante, administrador apostólico Hlib Lonchyna Ihor Rantsya (nomeado o 1 de outubro de 2025)

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Divisións territoriais católicas en Francia Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Eparquías católicas