José García Hernández, nado en Guadalaxara o 19 de marzo de 1915 e finado en data descoñecida, foi un avogado e político español, que foi ministro de Gobernación e vicepresidente español entre o 3 de xaneiro de 1974 e o 12 de decembro de 1975.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid. Ingresou no Corpo de Avogados do Estado. Foi presidente da Deputación de Guadalaxara (1941-1946) e Gobernador civil de Lugo (1947-1949)«ABC (Madrid) - 28-3-1947, p. 10 - ABC.es Hemeroteca» e As Palmas (1949-1951), e despois Director Xeral de Administración Local.

En xaneiro de 1974 foi nomeado Ministro de Gobernación e Vicepresidente do Goberno por Carlos Arias Navarro, que coincidira con el na etapa en que foron Gobernadores Civís.

A súa xestión no Ministerio da Gobernación caracterizouse por un endurecemento do autoritarismo, marcado polas execucións de Salvador Puig Antich e Heinz Chez (1974) e Angel Otaegi Etxeberria, Xosé Humberto Baena Alonso, Ramón García Sanz, José Luis Bravo Solla e Jon Paredes Manot (1975). Estes últimos foron procesados e condenados segundo un decreto-lei antiterrorista publicado polo seu Ministerio que autorizaba a celebración de consellos de guerra sumarísimos contra civís por accións armadas contra o réxime.

Foi cesado en decembro de 1975 cando se constituíu o primeiro goberno da Monarquía e sucedido por Manuel Fraga Iribarne. Conselleiro-delegado do Banco Exterior de España, durante uns meses de 1976 e 1977«Edición del domingo, 31 julio 1977, página 31 - Hemeroteca - Lavanguardia.es » ocupoi a presidencia. En 1978«Edición del viernes, 06 octubre 1978, página 12 - Hemeroteca - Lavanguardia.es » presidiu o consello de administración de Naviera de Canarias S.A.

Vida persoal Casou con Esmeralda Aleixades Thymanakis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas «ABC SEVILLA (Sevilla) - 04/01/1974, p. 15 - ABC.es Hemeroteca» Notas biográficas al ser nombrado ministro Notas biográficas

Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Gobernadores civís das Palmas Categoría:Ministros do franquismo Categoría:Nados en Guadalaxara Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Ministros do Interior de España