Os vetóns (en latín, Vettones; do grego antigo: Ouettones) foron un pobo prerromano no sector suroccidental da meseta central na Península IbéricaEduardo Sánchez Moreno "Vetones:historia y arqueología de un pueblo prerromano" ed Cantoblanco 2000, entre o río Douro e o río Texo, zona na que se atopan hoxe en día as províncias españolas de Ávila e Salamanca, así como partes de Zamora, Toledo, Cáceres, e tamén algunhas zonas fronteirizas do actual Portugal. Son moi coñecidos polas estatuas de gando, especialmente porcos (verróns).
Limitaban cos ástures, vacceos, carpetanos, oretanos, túrdulos, célticos e lusitanos. Vivían en castros, sendo o máis famoso o de Cogotas, que pasou a denominar este tipo de cultura debido á riqueza do seu xacemento como Cogotas II, que xorde no século V a.C. e alcanza o seu cénit debido aos contactos comerciais e á trashumancia, o que aumentou a súa demografía pero concentrando o poder en castas e poboados que darían lugar a cidades-Estado, que aumentarían o tamaño das súas murallas dando lugar a un protourbanismo con organización de fortificación e graneiros a grande escala.
Orixe Os vetóns foron un grupo de tribos de orixe célticoKoch 2006, p. 481Cólera 2007, pp. 749-750 ou celtibero,Álvarez-Sanchís 2005 organizadas dende o século II a.C. nunha confederación tribal de forza descoñecida. Os nomes das súas tribos son aínda escuros para nós, mais a través dun estudo da epigrafía local púidose localizar os calontienses, coerenses, caluri e bletonesii; as outras tribos seguen sendo descoñecidas. Martín Almagro Gorbea considera "obvio" que os Vetóns pertenceran ao grupo de pobos prerromanos cualificados como celtas polas súas características culturais.Almagro Gorbea, 2008, p. 47
Cultura A súa relixión era politeísta e facían sacrificios humanosSalinas de Frías 2006 en certos casos, como o caso dos beltonenses, que durante o mandato de P. Craso (96-94 a.C.) ratificaron a paz cun pobo veciño mediante o sacrificio dun home e un cabalo. Entre os seus deuses estaban Trebaruna, Vaelicus (cun santuario en Postoloboso), Ataecina, IlurbedaMª Rosario Hernando "A propósito del teónimo Ilurebda. Hipótesis de trabajo" Ficheiro epigráfico 2004, Bandua, Arentia etc. O seu santuario máis coñecido é o do castro de Ulaca (en Villaviciosa (Solosancho), provincia de Ávila), semellante ao de Panóias (en Vila Real, Portugal), con escaleiras e pías.
Os seus enterramentos eran mediante incineración con enxoval, que consistía en cerámica e armas (inutilizadas ao seren dobradas para así consagralas aos deuses por parte da aristocracia guerreira). É característica neste pobo a presenza de figuras de verracos aínda que se descoñece se se trata de figuras de deidades, de carácter funerario, marcos delimitadores, etc.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Pobos antigos