Santa María de Lampai é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 286 habitantes (146 homes e 140 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación en 4,3Páxina oficial do concello de Teo , datos das parroquias km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 297 habitantes.
Patrimonio A igrexa de Santa María de Lampai é de orixe románica e conserva a base estrutural: unha ábsida case cuadrangular e unha nave rectangular. A porta, situada na fachada, está rodeada dunha dobre arcada de medio punto volteada sobre columnas próximas. Tamén son destacables os arcos lobulados da arcada superior.
No interior da igrexa destaca a capela maior cuberta cunha bóveda de canón sostida por dúas arcadas de medio punto, subliñando o arco triunfal de entrada que se voltea sobre as columnas de capiteis vexetais.
No Mosteiro, a mesma aldea onde está a igrexa, existiu o mosteiro de San Paio, que dá nome ao lugar e que foi incendiado polos veciños en rebelión polos abusos sufridos polos monxes.
Dá nome ao couto de Lampai, un terreo pertencente actualmente á veciña parroquia de Cruces (Padrón), doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes.
Lugares e parroquias Lugares de Lampai
Parroquias de Teo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Teo
Categoría:Parroquias de Teo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María