José Ribas Montenegro, nado en Vigo e finado en Donostia en 1948,La Noche,:10-12-1948, p. 4. foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria Irmán de Federico Ribas Montenegro. Colaborou na Revista Gallega e Galicia en Madrid. Marchou a Buenos Aires e foi redactor de Mundo Argentino e Correo de Galicia de Buenos Aires. Retornou a Galicia en 1922, colaborou en GaliciaGalicia. Diario de Vigo, 25-7-1923, p. 1. e foi redactor xefe de El Pueblo Gallego até 1925. Despois pasou a ser redactor de La Nación de Madrid e colaborou co seu director Delgado Barreto en Gracia y Justicia; tamén colaborou en La Esfera. En 1936 estivo á fronte do Comité autonómico de Madrid para apoiar o Estatuto.El Compostelano, 19-6-1936, p. 2 O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pillouno en Madrid, de onde logrou saír para pasar á zona franquista. Formou parte da redacción de El Pensamineto Navarro. Despois foi redactor de La Voz de España de Donostia, encargado da sección satirico-humorística "Tic-tac" que asinaba co pseudónimo Aldakor.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes