Algo que celebrar foi unha serie de televisión española de comedia de Antena 3, producida por Grupo Secuoya e emitida entre o 7 de xaneiro e o 25 de febreiro de 2015. Está protagonizada por Luis Varela, Elena Irureta, Alejo Sauras e Norma Ruiz.
Sinopse A serie xira en torno aos acontecementos da familia Navarro. A serie arranca cunha formulación moi orixinal: observar a evolución e revolución dunha familia como a de calquera de nós a través dos grandes acontecementos que os unen en datas concretas. Vodas, bautizos, comuñóns, funerais, aniversario e as inevitables celebracións do Nadal: todos os acontecementos que reúnen ao núcleo familiar en algo máis dun ano supoñen o vehículo a través do cal, sen perder o sorriso, nas relacións humanas, os rancores e as retesías, o amor incondicional dos avós, os celos e as ausencias.
Personaxes Principais Luis Varela é Manuel Navarro. Elena Irureta é Concepción "Concha" Magallón. Alejo Sauras é Santiago "Santi" Navarro. Norma Ruiz é Eva Navarro. Carlos Chamarro é Enrique Bassols. Cristina Peña é Laura Navarro. Ana Rayo é Pilar Cantalapiedra. Ricardo Castella é Lolo Navarro. Raúl Fernández é Gorka Díaz. Alicia Rubio é María Víctoria "Mariví" González. Kimberly Tell é Rose McGregor. Álvaro Fontalba é Pedro Navarro. Daniel Avilés é Nicolas "Nico" Navarro. Paula Sancho é Berta Bassols. Máximo Pastor é Mateo Bassols. Julieta Serrano é María Crespo.
Colaboracións especiais Octavi Pujades é Darío Espejel. Gorka Lasaosa é David. Mariano Venancio é Francis Navarro. Jorge Sanz é Richard. Eloy Arenas é Camilo Pardeza. Belinda Washington é Felicidad.
Capítulos e audiencias Episodios Estrea Final Audiencia media Espectadores Cota 8 7 de xaneiro de 2015 25 de febreiro de 2015 2 569 000 14,2%
N.ºEpisodio Título Data de emisión Audiencia Share
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3