Santo Estevo de Moucide é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 160 habitantes (81 homes e 79 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 204 habitantes.

Xeografía Vizosa grazas ás augas do río Moucide, que desemboca na parroquia de Cordido en Foz, e é afluente do río das Fontes de Moucide. Cerca do Monte da Mina hai unha pequena fervenza que é famosa na parroquia, e un pozo artificial, creado por se houbese algún incendio.

Predomina o eucalipto e é salientable a presenza de fauna tradicional dos bosques lugueses como o corzo, o raposo, o xabaril e o azor.

Historia Ata mediados do século XIX a parroquia de Moucide estaba integrada no concello de Foz, do que se segregou entre 1858 e 1860 para unirse ao entón chamado Tierra Llana del Valle de Oro, hoxe O Valadouro.

A estrutura da paisaxe urbanizada é a habitual dos lugares galegos, coa igrexa dominando. A escola, que se fixo cos cartos dos valdourenses na Habana, xunto coa explotación mineira en que se extraía caolín, hoxe abandonada, no Monte da Mina, achegan trazos da realidade económica que o lugar viviu outrora.

Patrimonio A igrexa de Santo Estevo de Moucide ten un retablo maior barroco, no que está presente unha Santa Lucía datada no século XIV. O retablo dereito e a cruz procesional son do século XVI.

Lugares e parroquias Lugares de Moucide

Parroquias do Valadouro

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Valadouro

Categoría:Parroquias do Valadouro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo